Como en anos anteriores, publícase un breve informe sobre as actuacións dos Clubs de lectura que participaron na convocatoria de 2021/2022, logo da lectura das memorias correspondentes e a recollida da información ofrecida polos centros.
Do galego "mancomunar": unir persoas, esforzos ou intereses para acadar un fin común.
Como en anos anteriores, publícase un breve informe sobre as actuacións dos Clubs de lectura que participaron na convocatoria de 2021/2022, logo da lectura das memorias correspondentes e a recollida da información ofrecida polos centros.
O Portal Educativo vén de publicar a resolución definitiva da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se dá a coñecer a relación de centros que reciben asignación para o funcionamento de clubs de lectura, segundo convocatoria de 26 de setembro de 2022, a través da cal se incentiva esta actividade de fomento da lectura en centros de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que acollen ensinanzas de educación primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial para o curso 2022/23.
Vén de publicarse no Portal educativo a convocatoria de 26 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, no contexto das actuacións para o fomento da lectura no ámbito educativo, pola que se incentiva o funcionamento de CLUBS DE LECTURA en centros públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que acollen ensinanzas de educación primaria, secundaria, bachalerato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial para o curso 2022-2023.
O prazo límite para a presentación de solicitudes remata o 1 de novembro de 2022 (data incluída)