Os Clubs de lectura como "cédulas de cidadanía". Un exemplo máis: os rapaces e rapazas do Club de lectura do IES Alexándre Bóveda, de Vigo levan realizado varios roteiros literarios, seguindo as súas lecturas. Nesta ocasión coñecemos a súa viaxe ao Courel, na procura das pegadas de Uxío Novoneyra. Ler as palabras do Poeta nas paisaxes que as fixeron nacer é unha forma ben fermosa de achegármonos á literatura. Parabéns ao profesorado que o fixo posible e aos rapaces e rapazas que tiveron a ocasión de vivilo!
Despois de ler os comentarios que nos fan os mozos e as mozas no blog, estamos coa emoción e entusiasmo do primeiro día, convencidos de que se fai camiño ao andar.
ResponderEliminar