15/12/11

VIAXAR COS LIBROS COMO MOTIVO, VIAXAR A TRAVÉS DOS LIBROS




O club de lectura bibliobrey, do CEIP Fermín Bouza Brey de Ponteareas, viaxa realizando rutas literarias. Así o contan...


"Para despedida, o club de lectura disfrutou dun roteiro literario polo río Tea.Lemos diferentes poemas de Javier Heraud, dedicados ao río, e incluso un escrito por María Portela, membro do noso club. E...o bizcoito de chocolate tampouco podía faltar. Houbo entrega de diplomas e un folleto de recomendacións de "libros con sabor a chocolate".


Pero outras veces, viaxan no tempo cos Megatoxos, e así o relatan...


"Este xoves pasado xuntámonos para falar dos Megatoxos e do aprendiz de Druída. Foi unha sesión chea de entusiasmo, todos querían participar cos seus comentarios e opinións. Falamos dos poderes especiais dos protagonistas e tamén dos celtas, pobo ao que viaxan, e sobre o que investigaron algúns dos membros do club. Todo esto acompañado de diferentes doces feitos por eles mesmos para a ocasión. Gustoulles poder acompañar aos Megatoxos nesta viaxe no tempo e xa están desexando ler as seguintes aventuras destes rapaces e rapazas"

No hay comentarios:

Publicar un comentario