1/12/20

Resolución provisional da convocatoria de Clubs de lectura. Curso 2020/21

O Portal Educativo publica hoxe a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se dá a coñecer a relación provisional de centros que reciben asignación para o funcionamento de clubs de lectura no curso 2020/21. 

- RESOLUCIÓN PROVISIONAL


 

30/10/20

Os 50 + lidos nos Clubs de lectura. Curso 2019/2020

Publícase a relación dos 50 títulos máis lidos nos Clubs de lectura dos centros de ensino secundario de Galicia no pasado curso 2019/2020.

 



29/10/20

Convocatoria de Clubs de Lectura para o curso 2020-2021

 


Vén de publicarse no Portal educativo a convocatoria de Clubs de Lectura para o curso 2020-2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se estimula e apoia o funcionamento de clubs de lectura en centros públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que acollen ensinanzas de educación secundaria, bachalerato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 16 de novembro de 2020.


25/6/20

Informe Clubs de lectura do curso 2018/2019

Coma en anos anteriores, publícase un breve informe sobre as actuacións dos Clubs de lectura que participaron na convocatoria de 2018/2019, logo da lectura das memorias correspondentes e a recollida da información ofrecida polos centros. 

 

23/4/20

Premio dos Clubs de Lectura 2020 para Andrea Maceiras

A escritora Andrea Maceiras é unha das autoras máis seguidas polo lectorado galego. Os seus libros están sempre entre os máis lidos polos clubs de lectura e ten recibido o recoñecemento dos expertos a través de diversos galardóns, como o Premio Lazarillo 2018 co seu libro "Conta nove estrelas".

Tras dar a coñecer a relación dos 40 autores e autoras máis lidas polos Clubs de Lectura no curso 2018/2019, a D.X. de Centros e Recursos Humanos publica hoxe, co gallo do Día Mundial do Libro, a Resolución do 23 de abril de 2020 pola que se recoñece o labor de Andrea Maceiras como escritora de textos de interese para os mozos e mozas galegos, a través do Premio dos Clubs de Lectura 2020. 

16/4/20

40 autoras e autores + lidas/os nos Clubs de lectura do ámbito educativo galego. Curso 2018/2019.


Publícase a relación dos 40 autores e autoras máis lidos polos Clubs de lectura participantes na convocatoria de Clubs de Lectura para centros que matriculan alumnado de ensino secundario, bacharaleto, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial de Galicia. Estas lecturas corresponden ao curso 2018/2019 e son o resultado do reconto realizado trala lectura das memorias correspondentes remitidas polos centros. Unha autora ou un autor pode  ver varios dos seus títulos seleccionados polo conxunto dos clubs. De aí a diferencia desta relación coa, xa publicada, dos 50 títulos máis lidos no mesmo período.