08/03/12

VOCES GALEGAS CONVIDAN A PARTICIPAR NO CONCURSO: "¿Qué estás leyendo?"


A OEI (Organización de Estados Iberoamericanbos) organiza un concurso de blogs de lectores, para rapaces de 12 a 15 anos. A convocatoria está xa aberta.
"Si tienes entre 12 y 15 años y eres alumno de un Instituto Enseñanza, la Organización de Estados Iberoamericanos – OEI-, te invita a participar en el concurso: ¿Qué estás leyendo?"

¿En que consiste?  
"En crear un blogue ou utilizar algúns que xa teñas, no que compartas a túa experiencia como lector/a. O blogue pódelo facer individualmente ou en grupo
A través desta bitácora poderás mostrarte en calquera das túas facetas como lector/a: como exploras, buscas, dubidas, elixes, descartas posibles lecturas; como comentas, preguntas, reelaboras, criticas e debates cos teus amigos sobre os textos. Como conectas a lectura con outros ámbitos coma o cine, o videoxogo, o teatro, a música, a fotografía, o deseño gráfico, a pintura...
A proposta é aberta e quere dar cabida a unha gran diversidade de orientacións, de temáticas e de linguas dos lectores, utilizando as amplísimas posibilidades de Internet como medio de publicación electrónica, que coñecedes tan bien.
Esta iniciativa trata de formar una amplia rede de blogues de lectores, onde os estudantes do espazo iberoamericano, podan darse a coñocer, conectarse e construír unha identidade como lectores."
Podes serguir lendo as bases neste enlace e escoitar as voces da nosa xente aquí, á beira dos escritores Skármeta, Lorenzo Silva,... ou do xornalista Ignacio Elguero."

30/12/11

Resolta a convocatoria de Clubs de Lectura para o curso 2011/2012

O Portal Educativo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se asignan contías para o funcionamento dos Clubs de Lectura en centros públicos que matriculan alumnado de ensino secundario, bacharelato, formación profesional, ensinanzas de persoas adultas e de réxime especial, para o curso 2011/2012. Un total de 215 centros acollen durante este curso un club de lectura, que na maioría dos casos conta con varios grupos de lectores e lectoras, en función de intereses, idade e operatividade. Aumentan así mesmo o número de clubs que contan cun grupo de lectores adultos (profesoras e profesores, nais e pais, persoal non docente...).
+ información

20/12/11

O QUE APARECE NOS BLOGUES...


No blogue do Club de lectura Caladoiro do IES A Sardiñeira, recóllense presentacións de discos e de libros, campañas de lectura e de uso da lingua, actividades de lecer cultural na cidade e, incluso, boas imaxes de lectores da man de Lorenzo Mattoti.

Animámosvos a que entredes pola súa fiestra e o sigades.

15/12/11

VIAXAR COS LIBROS COMO MOTIVO, VIAXAR A TRAVÉS DOS LIBROS




O club de lectura bibliobrey, do CEIP Fermín Bouza Brey de Ponteareas, viaxa realizando rutas literarias. Así o contan...


"Para despedida, o club de lectura disfrutou dun roteiro literario polo río Tea.Lemos diferentes poemas de Javier Heraud, dedicados ao río, e incluso un escrito por María Portela, membro do noso club. E...o bizcoito de chocolate tampouco podía faltar. Houbo entrega de diplomas e un folleto de recomendacións de "libros con sabor a chocolate".


Pero outras veces, viaxan no tempo cos Megatoxos, e así o relatan...


"Este xoves pasado xuntámonos para falar dos Megatoxos e do aprendiz de Druída. Foi unha sesión chea de entusiasmo, todos querían participar cos seus comentarios e opinións. Falamos dos poderes especiais dos protagonistas e tamén dos celtas, pobo ao que viaxan, e sobre o que investigaron algúns dos membros do club. Todo esto acompañado de diferentes doces feitos por eles mesmos para a ocasión. Gustoulles poder acompañar aos Megatoxos nesta viaxe no tempo e xa están desexando ler as seguintes aventuras destes rapaces e rapazas"

13/12/11

LECTURAS POR MESES

Cada mes os seus libros!
Así len os de Balbordo e Balbordobis, os clubs de lectura do IES Rïo Cabe de Monforte.

Neste mes de decembro andan ás voltas con A palabra exacta de Antón Lopo, Tristes armas de Marina Mayoral, Qué blanca más bonita soy de D. Verroen e Orejas de mariposa de Luisa Aguilar.
Boas lecturas!

09/12/11

NOVO BLOGUE DE CLUB









O IES Poeta Añón de Outes puxo en marcha o seu club de lectura e, con el, un novo blogue.
Nel cóntannos:
"O pasado día 7 de novembro tivo lugar a primeira xuntanza deste curso dos "Laretas". Como vedes nas fotos, para ir rompendo o xeo e coñecernos mellor, compartimos unhas pizzas quentiñas que fixeron a boca auga a todos os que por alí se acercaron. Foi tamén a ocasión de dar a benvida ó club a dúas lectoras: Alba e Tatiana, de 4º ESOA lectura que compartimos esta vez foi "Cuando Hitler robó el conejo rosa", de Judith Kerr, unha noveliña sinxela pero apaixoante, que nos fixo compartir as tribulacións da protagonista, Anna, e a súa familia cando se ven obrigados a abandonar o seu fogar en Berlin, fuxindo da expansión do nazismo nos anos previos ó estoupido da 2ª Guerra Mundial. Unha noveliña moi recomendable, de fácil lectura, que nos acercou ás experiencias vitais dunha familia xudea obrigada a deixar atrás todo o que aman (liberdades, familia, amizades...) "

05/12/11

Saramago, sempre Saramago




Recollido do blogue do club de lectura "Ao Pé da Letra" do IES Cidade de Antioquia


"¿Por qué los lectores de un libro que se conocen y viven más o menos cerca no se reúnen para hablar de ese libro después de haberlo leído? ¿Por qué tiene la lectura que ser siempre una actividad solitaria? ¿Por qué no un intercambio entre lectores y libros? ¿Por qué no hablar de un libro que se acaba de publicar o de un libro que forma parte de nuestra cultura y de nuestra educación sentimental? Esto sería fomentar de verdad la lectura en el lector mismo, en lugar de caer en la ambición quizá desmedida de poner a todo el mundo a leer. Se puede hacer de la lectura algo distinto a un placer solitario, que lo es también, y en primera instancia. No propongo un sistema colectivista sino la acción dinámica que supone el intercambio de ideas u opiniones sobre el libro. Porque el libro es algo más que un objeto que se coloca en la estantería para no volver a él, resulta que el libro es una plataforma de comunicación entre personas,..."
José Saramago.
El libro de cada día

02/12/11

01/12/11

CLUBS de le ctura nos CFR (2)

O CFR de Ferrol conta co club de lectura Teachers by Day.
Xa comezaron a súa andaina anual...
Así nolo contan:
"O próximo xoves, día 24 de novembro retomamos as reunións do club de lectura en inglés Teachers by Day. Se están interesados en formar parte do club de lectura, por favor contacten coa asesoría de Linguas Estranxeiras."

24/11/11

CLUBS DE LECTURA NOS CFR

En Pontevedra, continúa reuníndose "A pregunta do cuco", no CFR.
Xuntanzas de profesorado arredor dos libros, nun lugar común e de formación. Reunirse para falar de libros e de lecturas, que mellor lugar que un Centro de Formación e Recursos?
Atoparanse, de novo, o xoves 1 de decembro, apúntase alguén máis?

23/11/11

OS CLUBS ... VIAXAN

Coa escultura a Manuel María

Os clubs de lectura viaxan con motivos literarios. Realizan roteiros xa marcados ou creados para a ocasión.

Recollemos unha destas viaxes. O Club de leóns do CPI Cernadas de Castro de Lousame percorreu o curso pasado as terras de Monforte, os lugares de Lois Pereiro.

Así nolo contan...


"O sábado 7 de maio o club de lectura de adultos e rapaces "A lus de San Finx" levamos a cabo un roteiro literario por Monforte de Lemos. Imos contarvos que sucedeu:
Saímos de Lousame ás 9:30 e o día non deixaba lugar a dúbidas do que meteorolóxicamente
nos iba acompañar: a choiva... e claros ás veces...
Cando chegamos a
Monforte o tempo apiadouse un pouco e aínda que con bos refachos de vento
deixounos admira unha perspectiva xeral da cidade de Monforte ...

22/11/11

O club visita ao autor

Hai veces nas que son os clubs os que se desprazan para visitar a un autor no seu propio medio, na súa casa, na súa Fundación...

Así se recolle no blogue "A praia das palabras" do club de lectura do IES de Vilalonga, a súa visita a Neira Vilas, no ano en que se cumpren cincuenta anos da publicación das Memorias dun neno labrego.

Desta maneira puderon aproveitar para coñecer os lugares do autor e percorrer a comarca do Ulla, pasando polo pazo de Oca, a fervenza da Toxa, as illas de Gres...

17/11/11

Unha suxestión desde o club de lectura do IES Pazo da Mercé

Leonor, a coordinadora do club de lectura do IES Pazo da Mercé (As Neves, Pontevedra), achéganos unha proposta que publicamos aquí nas súas palabras:
Son Leonor Giménez, coodinadora do Club de lectura do IES Pazo da Mercé en As Neves, provincia de Pontevedra.Teño unha suxerencia para maximizar as adquisicións de lotes de libros dos diversos clubs de lectura de Galicia. Gustaríame que se fixera un chamamento aos diferentes clubs para que enviasen ao blog de "libros a eito", os títulos dos libros que utilizaron no curso pasado e o número de exemplares.
Agardamos os vosos listados para publicalos en LIBROS A EITO, tal e como se solicita desde este club. Lembramos o enderezo ao que dirixirse cos listados ou cos lotes de libros que se ofertan en préstamo: bescolares@gmail.com

14/11/11

REUNIÓNS DOS CLUBS

Pouco a pouco, e antes de saír a resolución da Convocatoria de axudas a Clubs de Lectura, vanse reunindo os Clubs.
Queremos ilustrar este feito cunha das entradas nun blogue de biblioteca.
Trátase de Biblio Tea, o blogue de biblioteca do IES Val do Tea.Así comeza a súa entrada...
"O luns 7 tivemos a reunión do “Club de lectura”. Faltáronnos algúns que estiveron con Esme ensaiando o espectáculo de títeres para as “misións pedagóxicas”, xa vos contaremos disto porque a piques están de comezar.
Algúns dos asistentes non leran o libro porque disque non o había na biblioteca cando foron buscalo. Cando sexa así, hai que insistir. Se están prestados espérase a que outro o devolva e volvese a buscar. Vedes a importancia de devolver os libros no seu prazo? Pero bueno, desta vez non valen esas excusas porque houbo libros parados alí na biblioteca días antes, bastantes días antes, da reunión.
Pero aínda así, todos asistiron ó club, comeron as súas arepas, hamburguesas, ensalada de pasta. Porque xa sabedes que as reunións do club de lectura comezan por unha sesión gastronómica. Logo de encher a barriga; acompañar o postre coa escoita do poema de Kavafis na voz de Lluis LLach e a da persoal versión de Krahe, que podedes recordar no antigo anterior deste blog; sen esquecernos de para que estabamos alí, pois non comeramos “loto” ningún de nós, nin tardamos o tempo da travesía de Ulises en comer. Despois de todo iso, quen máis quen menos deu a súa opinión sobre o inxenioso Ulises, ó que algún tildou ademais de inxenioso (iso non houbo quen de negarllo), de pouco escrupuloso e trapalleiro. Valente, tamén dicía Samuel que era, aínda que nese aspecto todos coñecemos outros heroes que o superan. Pero xa sabemos o que di o dito “máis vale maña ca forza” (...)

02/11/11

MEMORIAS DOS CLUBS: Frases para ... pensar

Foto: tertulia en Ourense

Un club achéganos unhas citas para pensar e repensar...


“Cando transitamos polas páxinas dun libro poucas veces saímos ilesos” Mario Benedetti
“A literatura é unha defensa contra as ofensas da vida” Cesare Pavese
“Non existe forma máis nobre de pertenenza a un pobo que escribir a súa lingua” Heinrich Böll

31/10/11

OS CLUBS BOTAN A ANDAR


Así se ve nesta entrada blogue da biblioteca do IES Pedra da Aguia, Vilán, que leva o título de "Os araos saen do cascarón".
Coma se do nacemento dunha ave se tratara, o club comeza a súa andaina. Así se pode ler
OS ARAOS SAEN DO CASCARÓN
Por fin nesta semana conseguimos que os Araos do Instituto, os membros do Club de Lectura de Alumnos, saian do cascarón. Os Araos maiores lles gañaron a partida hai uns días, pero agora xa estamos todos en marcha.
Queremos darlle a benvida aos novos araos, que pasan a formar parte do Club este curso. Os máis veteranos xa saben como vai a cousa, e digo eu que se repiten, por algo será...
Saúdos tamén a todos os lectores/as do insti (que os hai, e máis do que parece) que non están no club. Gustarianos telos con nós, pero sabemos que non sempre é posible. A porta sempre estará aberta.
Esperemos que todos poidades encher os vosos carnés cunha chea de libros que vos gusten e vos fagan disfrutar.

28/10/11

MEMORIAS DOS CLUBS: Ao pé da hortensia do IES de Meaño

Fotografía tertulia Ourense

Do club "Ao pé da hortensia" do IES de Meaño.

“No curso 2008-09 o equipo de biblioteca creu conveniente crear un club de lectura ao que chamou “Ao pé da hortensia”, motivado polas inquedanzas literarias de parte do noso alumnado e coa intención de potenciar a lectura compartida entre a comunidade educativa, enriquecerse coas opinións alleas ou observar distintos puntos de vista dunha mesma lectura, crecer como persoas, aprender das experiencias que achegan os propios libros e adquirir o hábito de escoitar e falar diante dos demais. Este club continúa hoxe en día, incorporando ao novo alumnado que chega ao centro cada curso”.

27/10/11

MEMORIAS DOS CLUBS: Grupo Abeliano do IES Santa Irene (Vigo)

Imaxe do IES de Mondariz


“Tratamos de apoiarnos fundamentalmente en escritores galegos ou universais traducidos ao galego para presentar cuestións e puntos de vista que os alumnos e alumnas sos non chegarían a encontrar nunca e, a partir de aí, pretendemos dialogar”.

26/10/11

MEMORIAS DOS CLUBS: Pantasmas de papel do IES Fernando Esquío (Neda)

Foto do club de lectura do IES Monelos (A Coruña)

Falando arredor do que se atopa nos libros
“A droga da obediencia de Pedro Bandeira, autor portugués que os leva a pensar no mundo no que vivimos: “Non hai escravo máis desgraciado e servil que aquel que non é consciente da súa situación e crese libre. Non hai dominador máis poderoso que aquel que goberna a tales súbditos”. Baixo esta idea reflexionamos si somos libres ou ben estamos mediatizados por sutís mensaxes políticas, consumistas, hedonistas, e vivindo nun soño dirixido por un grupo de poder... algo moi de actualidade. (...)
En relación ás Xornadas Literarias que organiza a Universidade da Coruña e o concello de Neda, desde hai dez anos, dedicadas en cada ocasión a un autor. Desde que hai club de lectura, son os membros dun dos grupos os que fan a recensión do autor e a sesión do club en público xunto cos especialistas sobre o autor ou autora. .Neste caso tratábase de Fiodor Dostoievski; leron El jugador e comentaron as súas impresións co público asistente, e realizaron unha exposición da vida do autor mediante un power point e unha liña do tempo virtual empregando Dipity”.

24/10/11

MEMORIAS DOS CLUBS: Club de lectura do IES de Foz

Imaxe do Club de lectura do CEIP Figueiroa (A Estrada)
Do Club de lectura do IES de Foz
“Resultou especialmente emocionante o testemuño dunha das alumnas, quen nos contou como fora lendo en voz alta e paseniño as Memorias dun neno labrego para compartilas coa súa avoa analfabeta, pero entusiasmada ó identificarse coas andanzas de Balbino.
(...)
Por conseguinte, tendo en conta os obxectivos marcados no proxecto do Club de lectura, consideramos que o resultado da actividade é moi satisfactorio en canto cumpre a finalidade de fomentar a lectura, contribuíndo a crear un ambiente lector no centro; consegue motivar para compartir as experiencias sobre as distintas lecturas e mesturar a aprendizaxe co debate entre os participantes; ademais, contribúe á mellor comprensión lectora dos alumnos en xeral e á mellora da calidade educativa. Por se fose pouco, vese que tamén tende pontes interxeracionais.”

21/10/11

MEMORIAS DOS CLUBS: Tesmoitoconto do CPI A Picota (Mazaricos)



“Despois da lectura dos libros, e coincidindo coa chegada do Nadal decoramos o que se deu en chamar “A árbore da sabedoría” posto que a enchemos coas citas que máis nos chamaron a atención dos libros que estabamos a ler no Club de Lectura. Con este feito intentamos facer partícipe ao resto do centro do que estabamos a facer dende o Club, ao tempo que lles achegamos frases dos libros que liamos.
(...)
Un dos expositores da biblioteca empregouse para expoñer e resaltar exemplares dos libros seleccionados para o Club de lectura. No taboleiro de información lectora o alumnado e profesorado daba a súa opinión sobre algún libro lido, como suxestión para outros posibles lectores. Este estaba situado a carón da biblioteca, aínda que na parte exterior para poder ser visto, tamén, polos que non adoitan entrar na biblioteca. O blogue da biblioteca tamén recollía información periódica sobre os libros do Club e outras actividades que desde aí se realizaban”

20/10/11

MEMORIAS DOS CLUBS: Club di lettura da EOI de Ribadeo


Club di lettura do departamento de italiano da EOI de Ribadeo
"Ás sesións acoden regularmente nove persoas, entre eles alumnos/as actuais e antigo alumnado. No caso destes últimos, o club é o único vínculo que lles queda coa escola e a lingua.
Conseguiuse crear un clima distendido no que a diferenza das clases non se corrixe, converténdose o profesor no moderador dunha conversa na que se intercambian opinións.
Na selección de lecturas trátase de alternar clásicos da literatura italiana, con autores e autoras que nestes momentos están sendo importantes en Italia; da mesma maneira se combinan xéneros desde a novela policíaca á lectura de divulgación ou algunha que entrañe dificultade desde o punto de vista lingüístico ao reflectir a diversidade lingüística do país.
Para difundir a actividade fanse uns marcapáxinas que se agasallan ao alumnado e se reparten na libraría de Ribadeo".

19/10/11

MEMORIAS DE CLUBS: CPI San Vicente (A Baña)




A modo de avaliación
“Os aspectos máis negativos do club de lectura foron a lentitude de velocidade lectora dos alumnos ou a falta de compromiso para traer lido o libro na data suxerida, o que impedía facer as reunións coa periodicidade fixada, para comentar entre todos o libro; a dificultade de encontrar títulos que enganchen a todos (en 2º provocou o abandono dun par de libros, respectando o principio do club de lectura: disfrutar coa lectura... en non acabar sendo “o clube da tortura”... pero tamén abandonaron varios alumnos, o que consideramos un pequeno fracaso. (...)
O mellor, a colaboración co Concello da Baña, e coa responsable de Normalización, que mediante a páxina web do concello impulsa a lectura en colaboración cos fondos da biblioteca do centro e as suxestións de lectura deste club”.

18/10/11

MEMORIAS DOS CLUBS: Liñas de fuga do IES Macías o Namorado

“O achegamento á poesía foi potenciado –do mesmo xeito que o fixemos o curso anterior- mediante o desenvolvemento dunha actividade adicional, o Obradoiro de Creación e Debate Liñas de Fuga, impartido pola mesma profesora encargada polo Club de Lectura. (...)
Este curso decidimos comezar por tratar o tema do amor a fondo, dende distintas perspectivas, empregando diferentes fragmentos de épocas variadas.
Os textos escollidos foron estes:
-Elogio de la mujer chiquita, do Libro de Buen Amor
-Un soneto de Lope. “desmayarse, atreverse, estar furioso...”
-Un soneto de Avilés de Taramancos: No fondo dos teu sollos, na devesa perdida...
-Un poema de Martín Niemöller: Cuando los nazis vinieron a por mi.
-Un fragmento de “El amor cristiano” de Pablo (Carta al os Corintios,13): “(...) El amor es paciente y bondadoso; no tiene orgullo ni jactancia...”
Intentamos, con estes fragmentos, rompe ros esquemas que sobre este sentimento tiña nas nosas alumnas que o asocian sempre as ideas románticas, coa felicidade ou co malestar que dea í puidesen, segundo elas crían, derivar”.

17/10/11

MEMORIAS DE CLUBS: Club de lectura Sansaliber do CPI de San Sadurniño


Do club de lectura Sansaliber do CPI de San Sadurniño
"Entre os resultados obtidos figuran os seguintes:
-Contribución á socialización dos alumnado que compartíaa s súas opinións e gustos, aproximándose de maneira respectuosa ás dos outros.
-Fomento e consolidación do hábito lector, valorando especialmente a participación do alumnado de PDC.
-Maduración lectora, xa que adquiriron ou melloraron os seus criterios de selección persoais.
-Valoración da lectura como unha actividade axeitada para o tempo de lecer.
-Familiarización do alumnado cos blogues culturais e as formas de literatura asociadas ás novas tecnoloxías.
-Difusión da percepción da biblioteca como un centro de animación cultural”