Mostrando entradas con la etiqueta colaboración entre bibliotecas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta colaboración entre bibliotecas. Mostrar todas las entradas

21/11/13

Un novo recurso para os clubs de lectura

Dende a Subdirección Xeral de Bibliotecas,  infórmannos das últimas novidades editoriais adquiridas para incrementar os fondos dos clubs de lectura. Pódese consultar a lista completa dos lotes que xestionan dende a Biblioteca de Galicia no seguinte enderezo: http//bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/clubs-de-lectura  
Neste mesmo enlace infórmase do procedemento a seguir para solicitar os lotes de libros.
Entre as novidades no catálogo da Biblioteca de Galicia-Clubs de lectura figuran varios cómics de interese:
CÓMIC (15 exemplares)
  • Davodeau, Étienne. Los ignorantes (na imaxe) 
  • Miller, Frank: Daredevil: Born again
  • Moore, Alan ; Ha, Gene: Top 10
  • Otomo, Katsuhiro: Pesadillas
  • Busiek, Kurt ; Ruth, Greg: Conan la leyenda O nacido en el campo de batalla
Para consultar a lista completa dos títulos de clubs de lectura de todas as bibliotecas públicas municipais cómpre enviar un correo a bforum@coruna.es coa petición de que se quere consultar a devandita relación. 


18/6/13

Roteiro literario por Celanova

 
O alumnado do club de lectura do IES Ribeira do Louro, de O Porriño (Pontevedra), deu remate ao curso cunha visita literaria a Celanova, a vila dos poetas, a terra de Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro e Xosé Luís Méndez Ferrín. Velaquí o vídeo deste roteiro literario e da visita á biblioteca do IES de Celanova, que sempre resulta impactante, por estar aloxada no que fora a sala capitular do antigo mosteiro. Roteiro literario por excelencia, Celanova acolle ao alumnado dos clubs de lectura con frecuencia e ofrécelles oportunidadees para continuar avanzando na súa formación cultural e lectora.

9/11/10

Veñen "lendo" forte....


As nenas e os nenos do CEIP de Andrade, ao igual que os doutros centros de Primaria de Galicia, veñen pisando forte, e participan dunha forma entusiasta nos clubs de lectura que se organizan nos seus centros. Engadimos hoxe o Club de Lectura RAIOLECTORES á relación de Clubs de lectura, por dereito propio... Benvid@s!

5/7/10

Ámbitos de colaboración

Ábrense novos ámbitos de colaboración entre clubs de lectura. Un exemplo é este blogue, Cartafol do vento, compartido entre a rapazada integrante dos Clubs de Lectura do IES Montecaxado (As Pontes) e o IES Sanxillao (Lugo). Nel podemos ver que as colaboracións non rematan aquí, tamén comparten roterios de lectura con outros clubs, como podemos ver nesta crónica da visita ao Courel na que participaron rapazas e rapaces do IES Sanxillao e do IES urbano Lugrís, de Malpica...

19/4/10

CLUBS NA PRENSA


El Progreso” de Lugo, a través do titular “O pracer de compartir letras”, faise eco da andaina do club de lectura do IES Moncho Valcarce en colaboración coa biblioteca municipal.
Leamos:
"(...)Un grupo de vinte persoas das Pontes participan dende hai un ano no club de lectura, organizado pola biblioteca municipal e maila do IES Moncho Valcarce. A súa forma de traballo é sinxela: cada mes elixen unha obra e, unha vez rematada, reúnense tódolos membros para comentala, compartir opinións, falar da historia que pretende transmitir, do estilo do autor... nunha conversa entre compañeiros interesados no mundo da literatura.
(...)
As tertulias dos membros do club celébranse sempre na biblioteca, a partir das 20.00 horas, momento no que pecha as portas ó público. Aparte de comentar os libros, ás veces, fan actividades complementarias e nalgunhas ocasións convidan ao propio autor para que mostre a súa perspectiva da obra. Así, xa pasaron por As Pontes Teresa Moure, Anxos Sumai ou Santiago Jaureguizar.(...)"