Mostrando entradas con la etiqueta #Xclubslecturagal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta #Xclubslecturagal. Mostrar todas las entradas

4/7/18

Informe: Clubs de lectura curso 2016/2017

 Un momento no taller de grafiti, na X Xornada dos Clubs de lectura. 17/06/2017
 
No momento en que se están a recoller e comezando a valorar as memorias de actividades dos clubs de lectura correspondentes ao curso 2017/2018, dáse a coñecer un informe a partir dos datos do funcionamento dos clubs de lectura no curso anterior, o 2016/2017. Os avances son evidentes, se se comparan con datos do  período precedente (2015/2016), xa publicados.

Recomendamos a súa lectura e felicitamos ás comunidades educativas polos resultados da súa participación nesta iniciativa a prol da lectura no ámbito educativo.

28/6/17

Galerías de imaxes da X Xornada dos Clubs de lectura

 Unha escena das "Quedadas Entreclubs" de primeira hora da tarde
 
Xa están dispoñibles tres galerías de imaxes tomadas no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela o pasado 17 de xuño, na X Xornada dos Clubs de lectura: ACCESO A TODAS AS GALERÍAS DE IMAXES:

21/6/17

Xa foi a X Xornada dos Clubs de lectura

E para todas e todos os participantes ficará sempre a alegría que se vivíu alí por sabérmonos integrantes da sociedade lectora que a milleiros de mans estamos construíndo (entre todas as persoas creadoras, todas as persoas lectoras, todas as mediadoras...). O programa previsto cumpríuse ao completo e a rapazada disfrutou pero, sobre todo, demostrou que hai milleiros de mozos e mozas en Galicia que lén de forma voluntaria e disfrutan facéndoo. Iso non sería posible sen a profesionalidade e o compromiso dun profesorado que exerce de mediador tomando un rol diferente ao do docente nas aulas, acompañando e orientado, guiando sen abafar, pero sen abandonar os seus obxectivos pedagóxicos en ningún momento. Parabéns a tod@s!


16/5/17

Unha década de clubs de lectura. Haberá que celebrar!

O 17 de xuño, en Compostela, celebrarase unha gran "quedada lectora" de integrantes dos clubs de lectura dos centros de ensino secundario de Galicia. Unha boa representación dos preto de 11.000 lectores e lectoras que, de forma periódica, se xuntan para compatir experiencia arredor dos libros e da lectura polos institutos e outros centros de ensino galegos, terán a oportunidade, xunto co profesorado que coordina estes clubs, de atoparse, compartir lecturas, experiencias e un importante número de actividades en compañía de autores e autoras (Pedro Feijoo, Marcos Calveiro, Ledicia Costas, Carlos Negro, Rosalía Fernández Rial, Suso Fraga, Andrea Maceiras, Rosa Aneiros, Miguelanxo Prado, María Reimóndez, Miguel Anxo Fernández, Antón Riveiro Coello, Antía Otero, Xosé Tomás, Fran Alonso, Berta Dávila, Tamara Andrés e Francisco Castro). Entre outros participantes nesta X Xornada dos Clubs de Lectura, Óscar López, xornalista cultural (Página 2), ou Luís Pardo (cadena Ser); críticos como Ramón Nicolás ou Montse Pena Presas; expertos do mundo da dobraxe (Anxos Ferradáns) e do cine (Jorge Coira) ou narradoras, como Soledad Felloza,  compartirán coas lectoras e os lectores o seu tempo e as súas experiencias. As regueifas, o rap, o graffiti tamén estarán presentes, así como o teatro, o circo e a música tradicional galega (Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre). Haberá sesións específicas para profesorado que coordina os clubs de lectura, con Inés Miret e Mercedes Queixas. O final literario correrá a cargo de César Mallorquí, Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2013 e Premio Cervantes Chico 2015 a toda a súa obra xuvenil,  un dos autores en lingua castelá máis lidos polos clubs de lectura ano tras ano.
Unha grande celebración co gallo dos dez anos continuados da iniciativa CLUBS DE LECTURA nos centros de ensino secundario de Galicia, dentro do programa HORA DE LER para o fomento da lectura no ámbito educativo.