Publícase a relación dos 40 autores e autoras máis lidos polos Clubs de lectura participantes na convocatoria de Clubs de Lectura para centros que matriculan alumnado de ensino secundario, bacharaleto, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial de Galicia. Estas lecturas corresponden ao curso 2018/2019 e son o resultado do reconto realizado trala lectura das memorias correspondentes remitidas polos centros. Unha autora ou un autor pode ver varios dos seus títulos seleccionados polo conxunto dos clubs. De aí a diferencia desta relación coa, xa publicada, dos 50 títulos máis lidos no mesmo período.
Do galego "mancomunar": unir persoas, esforzos ou intereses para acadar un fin común.
Mostrando entradas con la etiqueta fomento da lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta fomento da lectura. Mostrar todas las entradas
16/4/20
20/12/19
Os 50 títulos + lidos nos Clubs de lectura do ámbito do ensino secundario en Galicia- 2018/2019
Coma en anos anteriores, publícase a relación dos 50 títulos máis lidos nos Clubs de lectura dos centros de ensino secundario de Galicia, durante o curso 2018/2019.
Lémbrase que ésta relación é diferente á dos autores ou autoras máis lidos, posto que no conxunto dos clubs pódense ler varios títulos da mesma creadora ou creador. Esta nova listaxe publicarase próximamente.
Etiquetas:
clubs de lectura,
fomento da lectura,
lecturas,
libros
27/5/19
XII Xornada dos Clubs de lectura
O vindeiro 7 de xuño, celebrarase na EGAP (Escola Galega da Administración Pública) a reunión anual do profesorado que coordina os clubs de lectura dos centros que participan no programa de CLUBS DE LECTURA, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Neste curso 2018/2019 recibiron asignación, a través da convocatoria do programa, un total de 253 centros que matriculan alumnado de ESO, BAC, FP, Ensinanzas de Persoas Adultas, e Ensinanzas de réxime especial (Conservatorios e Escolas de idiomas). Esta XII Xornada dos Clubs de Lectura reunirá así a preto de 280 persoas, entre participantes, relatores e asesores e asesoras de formación do profesorado.
Haberá ocasión para amosar o estudo sobre os clubs de lectura, realizado por José Antonio Millán para esta consellería, no pasado ano 2018, en colaboración coa D.X. de Centros e Recursos Humanos, a través da Asesoría de Bibliotecas Escolares.
Entregarase, así mesmo, o Premio dos Clubs de Lectura 2019, que desta vez recaeu na escritora María Reimóndez, por ser a autora galega máis lida nos clubs de lectura no curso 2017/2018, tal e como se recolle na Resolución do 23 de abril de 2019, que explica as particularidades deste premio, que xa recibiron Agustín Fernández Paz, Ledicia Costas, Miguelanxo Prado e Carlos Negro.
O programa contempla así mesmo a participación de María José Masanet, profesora e investigadora da Universitat Poempeu Fabra; celebrarase unha mesa sobre mediacións lectoras; o activista da lectura Marijn Brouckaert falará das "lecturas compartidas", como ferramenta de intervención social; Antonio Sandoval amosará a súa experiencia como moderador dun club de lectura temático sobre ciencias da natureza e a poeta Tamara Andrés impartirá un obradoiro de poesía. Pechará a xornada a escritora e académica Marilar Aleixandre.
PROGRAMA
PROGRAMA
24/1/19
50 títulos máis lidos nos Clubs de Lectura. Curso 2017/2018
Publícanse os 50
títulos máis lidos no conxunto dos clubs de lectura adscritos o programa
CLUBS DE LECTURA, da Consellería de Educación, Universidade e Formación
Profesional, durante o curso 2017/2018, en centros que matriculan
alumnado de ESO, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de
réxime especial (conservatorios, escolas oficiais de idiomas, ensinanzas
de persoas adultas). Durante o curso 2017/2018 participaron desta
iniciativa un mínimo de 231 clubs de lectura (que foron os que recibiron
asignación específica para o seu funcionamento).Unha lectura detallada
desta relación fala da diversidade de lecturas presentes nestes grupos
de lectura.
Etiquetas:
clubs de lectura,
fomento da lectura,
lecturas,
libros
4/1/19
Resolución definitiva da convocatoria de Clubs de Lectura para o curso 2018/2019
![]() |
| Club de lectura do IES Agra de Raíces (Cee, A Coruña) |
5/9/18
Convocatoria de apio aos Clubs de lectura para o curso 2018/2019
Reunión de club de lectura no IES As Barxas (Moaña)
Publicada no Portal Educativo a Convocatoria da D.X. de Centros e Recursos Humanos pola que se estimula e apoia o funcionamento de clubs de lectura en centros públicos que imparten ensino secundario, bacharelato, formación profesional e outras ensinanzas (persoas adultas e ensinanzas de réxime especial).
O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de outubro de 2018.
Etiquetas:
axudas,
clubs de lectura,
fomento da lectura,
lectores,
sociedade lectora
4/7/18
Informe: Clubs de lectura curso 2016/2017
Un momento no taller de grafiti, na X Xornada dos Clubs de lectura. 17/06/2017
No momento en que se están a recoller e comezando a valorar as memorias de actividades dos clubs de lectura correspondentes ao curso 2017/2018, dáse a coñecer un informe a partir dos datos do funcionamento dos clubs de lectura no curso anterior, o 2016/2017. Os avances son evidentes, se se comparan con datos do período precedente (2015/2016), xa publicados.
Recomendamos a súa lectura e felicitamos ás comunidades educativas polos resultados da súa participación nesta iniciativa a prol da lectura no ámbito educativo.
Etiquetas:
#Xclubslecturagal,
clubs de lectura,
fomento da lectura,
informes,
lecturas
29/12/17
Resolución definitiva Clubs de lectura 2017/2018
Alumnado do IES Porto do Son, nunha sesión do Club de lectura.
Está xa publicada no Portal Educativo a Resolución definitiva da D.X. de Centros e Recursos Humanos pola que se adxudican as contías para o funcionamento de Clubs de lectura en centros públicos que matriculan alumnado de ensinanza secundaria, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial, para o presente curso 2017/2018.
Etiquetas:
axudas,
club de lectura,
convocatoria,
fomento da lectura,
Hora de ler,
lectura
28/6/17
Galerías de imaxes da X Xornada dos Clubs de lectura
Unha escena das "Quedadas Entreclubs" de primeira hora da tarde
Xa están dispoñibles tres galerías de imaxes tomadas no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela o pasado 17 de xuño, na X Xornada dos Clubs de lectura:
ACCESO A TODAS AS GALERÍAS DE IMAXES:
22/9/16
Convocatoria de clubs de lectura para o curso 2016/2017.
O pasado 1 de setembro publicábase a convocatoria destinada a incentivar o funcionamento dos clubs de lectura nos centros de ensino secundario de Galicia para o curso 2016/2017, por un importe global de 210.000€.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de outubro.
Etiquetas:
axudas,
clubs de lectura,
convocatoria,
fomento da lectura,
libros
12/7/16
Crear vínculos coa lectura, desde a lectura, para a lectura
Desde o Club de lectura do CPI O Progreso, de Catoira, achégannos este vídeo-resume das actividades levadas a cabo durante o curso 2015/2016, así como da xornada compartida co Club de Lectura Os Trasnos dos libros, do IES de Poio. Un bo exemplo do moito e bo que se coce nos clubs de lectura de ámbito educativo de Galicia.
4/7/16
Vídeo resume da IX Xornada dos Clubs de Lectura
Velaquí o vídeo resume do que foi a IX Xornada dos Clubs de Lectura, celebrada en Compostela o pasado 10 de xuño, coa asistencia do profesorado dos 239 centros de ensino secundario de Galicia que contaron este ano con axuda para o funcionamento dos seus correspondentes clubs de lectura.
Etiquetas:
clubs de lectura,
fomento da lectura,
formación do profesorado,
lectores,
xornadas
10/12/14
O club de lectura é unha fórmula que dá resultados.
Ao longo destes catro cursos de funcionamento do noso club de lectura, os profesores implicados comprobamos que é unha das actividades que máis contribúe a fomentar a afección pola lectura e a dinamizar a Biblioteca Escolar. O feito de crear un espazo no que profesores e alumnos poden intercambiar experiencias sen a distintción de roles propia da clase contribúe a desenvolver hábitos de lectura e a xerar vencellos afectivos a través dos libros. É, polo tanto, unha actividade que xa está consolidada no Plan Lector do noso centro e pretendemos que poida chegar a outros membros da comunidade escolar.
Club de lectura. IES Monelos (A Coruña)
Etiquetas:
club de lectura,
fomento da lectura,
lectura
21/3/14
Concurso "¿Qué estás leyendo?" da OEI
A Organización de Estados Iberoamericanos publicou xa a convocatoria do concurso ¿Qué estas leyendo? correspondente ao ano 2014. Nesta ocasión, convidan aos lectores e ás lectoras de entre 15 e 17 anos, para que inscriban blogues persoais, arredor dos libros e das lecturas, neste concurso que ten como premio unha viaxe a Bos Aires, onde se realizará un encontro con todos os galardoados dos diferentes países iberoamericanos. Unha ocasión única para compartir experiencia lectora con outros rapaces e rapazas. Os bloques poden estar en calquera das linguas oficiais, dos países participantes na OEI polo que o galego podería estar presente tamén neste encontro, pois ao igual que este ano 2013, agardamos que a participación galega sexa alta. O prazo de inscrición remata o 30 de xullo.
En efecto, o pasado 19 de marzo fíxose entrega en Compostela dos premios queestasleyendo.org aos blogues gañadores e finalistas do Estado Español na convocatoria 2013. Tanto os gañadores como 4 dos 10 blogues finlistas eran galegos.
Esta convocatoria é unha oportunidade para que os rapaces e as rapazas dos clubs de lectura, xa suficientemente motivados, poidan poñer en marcha unha iniciativa persoal (ou grupal) que sirva de plataforma para a expresión da súa creatividade tanto na escrita como no audiovisual, tendo sempre como fondo os libros e as lecturas, pero tamén a música, o videoxogo, o cine...`É oportunidade tamén para desenvolver competencias dixitais e de produción de información (ALFIN en estado puro).
Etiquetas:
ALFIN,
concursos,
fomento da lectura,
lectores
19/11/13
Presentación de libros en librarías, coa presenza de alumnado
Esta é a nota informativa de editorial:
"O mércores, 20 de novembro, ás 12:00 horas, na libraría Couceiro, praza de
Cervantes, 6 de Santiago, terá lugar a presentación do libro Ámote Leo A.
Destino xalundes de Rosa Aneiros.
No acto participarán Manuel Bragado, Rosa Aneiros e contará coa colaboración
especial de alumnos e alumnas do IES Eduardo Pondal de Santiago, acompañados
pola profesora Mercedes Espiño."
A presentación de libros está a sufrir cambios de interese.
Nuns casos, pasan a ocupar novos lugares como as bibliotecas escolares.
Noutros, como o que nos ocupa, pasan a convidar novo público.
Son estas fórmulas necesarias para vitalizalar as presentacións e darlle novos pulos. E virán outras, virán aquelas nas que o alumnado acuda a presentacións fóra de hgorario lectivo, porque a ligazón entre educación e cultura se faga máis forte.
31/10/13
Por que nos enriquecen os clubs de lectura?
No roteiro Sarmiento
"Foi enriquecedor escoitar as opinións do alumnado, moitas veces sorprendentes pero atinadas, comprobar a paixón dalgúns con algún dos libros e gozar dun ambiente relaxado arredor da lectura. Fóronse creando lazos entre nós que contribuíron ao noso enriquecemento persoal, facéndonos máis agradable a vida no Instituto. A lectura compartida engádelle valor e estimula o hábito lector. Estamos aprendendo, estamos pasándoo ben.(...)
A avaliación global non pode ser máis que positiva, o Club cumpre os obxectivos de fomento da lectura e de núcleo de integración e convivencia do alumnado. O Club é motor da difusión do hábito lector no IES, a porta de entrada á Biblioteca e aos seus fondos, un elemento central e de prestixio dentro da vida educativa."
Retelladores do galiñeiro. IES Antón Losada Diéguez (A Estrada)
Etiquetas:
clubs de lectura,
fomento da lectura,
Memorias
28/6/13
VI Xornada dos clubs de lectura (vídeo resume)
VI Xornada dos Clubs de Lectura from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.
Vídeo que resume o ambiente e o contido da VI Xornada dos Clubs de Lectura, celebrada en Compostela o 31 de maio de 2013, organizada pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, coa colaboración do Servizo de Formación do Profesorado. Esta iniciativa encádrase no programa HORA DE LER, de fomento da lectura en centros de ensino, e reúne anualmente ao profesorado que coordina os clubs de lectura que existen nos centros de ensino secundario de Galicia, ao abeiro da convocatoria da Consellería de Cultura, Educación e O.U., de axudas para o seu funcionamento.
ACCESO AOS VÍDEOS DAS DIFERENTES SESIÓNS
ACCESO AOS VÍDEOS DAS DIFERENTES SESIÓNS
21/6/13
Os clubs de lectura contribúen á adquisición de competencias básicas
Mesa de experiencias: Clubs de lectura e competencias básicas from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.
Velaquí a mesa de experiencias que baixo o título "Participar nun club de lectura serve para adquirir competencias imprescindibles", tivo lugar na mañá da VI Xornada dos Clubs de Lectura, celebrada en Compostela o 31 de maio de 2013. Interveñen:
- Begoña Valdés, do IES Ramón Otero Pedrayo, de A Coruña
- Julio Abalde, do IES Ribeira do Louro, de O Porriño
- Almudena Platero, do IES Xesús Ferro Couselo, de Ourense
- Delio Chao, do CPI Luís Díaz Moreno, de Baralla (Lugo)
ACCESO A TODOS OS MATERIAIS E VÍDEOS DA XORNADA (entrar como "convidado")
Etiquetas:
bibliotecas escolares,
clubs de lectura,
fomento da lectura,
lectores
19/3/13
Nova convocatoria "¿Que estás leyendo?"
Desde o 1 de marzo e ata o 30 de xullo de 2013 está aberto o prazo de inscrición no concurso ¿QUÉ ESTÁS LEYENDO? da OEI (Organización de Estados Iberoamericanos), destinado a recoñer blogues de lectoras e lectores de 12 a 15 anos. Estes blogues poden estar en calquera lingua dos estados membros (polo que o galego pode ter unha presenza activa), e poden realizarse de forma individual ou en grupo. É pois unha oportunidade para o alumnado dos clubs de lectura, que cómpre valorar.
Etiquetas:
blogues,
fomento da lectura
18/3/13
Libros que dan de si / clubs que dan que falar
O club de lectura do IES Val do Tea é un bo exemplo. O seu blogue Club de lectura BiblioTea demóstranolo en cada entrada. Agora, fáisenos máis evidente cando imos lendo as que aparecen arredor do libro Amor en Amman de Berta Vias Mahou, publicado por Anaya:
Unha maneira marabillosa de adentrarse nun libro, de facelo pedra de toque, protagonista e centro de interese da actividade.
A creación dun liberespazo propio, dunha constelación cultural, dun mundo.
Etiquetas:
club de lectura,
fomento da lectura
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











