31/3/08

Gonzalo Moure, coas Mariñas Lectoras



Gonzalo Moure visita Galicia con frecuencia... seica é un dos autores máis lidos e tamén máis queridos polos lectores e lectoras. Polo que contan As Mariñas Lectoras, a visita de Gonzalo ao IES As Mariñas, de Betanzos, foi un acto moi especial, unha verdadeira experiencia de comunidade lectora.

27/2/08

Todo o que necesitamos

Imaxe tomada na Feira do Libro da Habana, 17/02/07
O que necesitamos son lugares; por exemplo, unha mesa e unhas cadeiras arredor onde poidamos volver a aprender a ler, a ler xuntos. George Steiner

25/1/08

Club de lectura

Formar un club de lectores na biblioteca consiste, basicamente, en atraer a un grupo de rapaces e rapazas que desexen compartir as súas experiencias lectoras, coa mediación dun adulto que conduza todo o proceso. O espazo natural para o club de lectores será a biblioteca escolar, e os tempos axeitados para a súa celebración dependen das posibilidades de cada grupo (recreos, tempos non lectivos). O número de integrantes non debe ser excesivo: entre cinco e quince lectores, como máximo.

Len en mancomún

Nace LER EN MANCOMÚN, un espazo para o encontro dos Clubs de Lectura que comezan a agromar nos centros de ensino de Galicia.