“El Progreso” de Lugo, a través do titular “O pracer de compartir letras”, faise eco da andaina do club de lectura do IES Moncho Valcarce en colaboración coa biblioteca municipal.
Leamos:
"(...)Un grupo de vinte persoas das Pontes participan dende hai un ano no club de lectura, organizado pola biblioteca municipal e maila do IES Moncho Valcarce. A súa forma de traballo é sinxela: cada mes elixen unha obra e, unha vez rematada, reúnense tódolos membros para comentala, compartir opinións, falar da historia que pretende transmitir, do estilo do autor... nunha conversa entre compañeiros interesados no mundo da literatura.
(...)
As tertulias dos membros do club celébranse sempre na biblioteca, a partir das 20.00 horas, momento no que pecha as portas ó público. Aparte de comentar os libros, ás veces, fan actividades complementarias e nalgunhas ocasións convidan ao propio autor para que mostre a súa perspectiva da obra. Así, xa pasaron por As Pontes Teresa Moure, Anxos Sumai ou Santiago Jaureguizar.(...)"

No hay comentarios:
Publicar un comentario