23/11/11

OS CLUBS ... VIAXAN

Coa escultura a Manuel María

Os clubs de lectura viaxan con motivos literarios. Realizan roteiros xa marcados ou creados para a ocasión.

Recollemos unha destas viaxes. O Club de leóns do CPI Cernadas de Castro de Lousame percorreu o curso pasado as terras de Monforte, os lugares de Lois Pereiro.

Así nolo contan...


"O sábado 7 de maio o club de lectura de adultos e rapaces "A lus de San Finx" levamos a cabo un roteiro literario por Monforte de Lemos. Imos contarvos que sucedeu:
Saímos de Lousame ás 9:30 e o día non deixaba lugar a dúbidas do que meteorolóxicamente
nos iba acompañar: a choiva... e claros ás veces...
Cando chegamos a
Monforte o tempo apiadouse un pouco e aínda que con bos refachos de vento
deixounos admira unha perspectiva xeral da cidade de Monforte ...

2 comentarios:

Frodo dijo...

Dende o club de lectura do CPI Cernadas de Castro, grazas por difundir a nosa excursión e polo voso traballo. Este ano conseguimos facer o Roteiro Torrente Ballester cun grupo mixto de adultos e rapaces dos clubs literarios e de ciencias; aquí tedes o enlace:
http://leondelibros.blogspot.com/search/label/Ferrol
Tamén temos feito outro máis recente dos adultos ás Minas de San Finx, encantados como estamos coa lectura de "Febre" de Héctor Carré:
http://leondelibros.blogspot.com/search/label/San%20Finx

Asesoría Bibliotecas Escolares dijo...

Moitas grazas pola información. Excelente traballo! Seguimos a dar difusión ao voso bo facer.
Saúde!