30/12/11

Resolta a convocatoria de Clubs de Lectura para o curso 2011/2012

O Portal Educativo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se asignan contías para o funcionamento dos Clubs de Lectura en centros públicos que matriculan alumnado de ensino secundario, bacharelato, formación profesional, ensinanzas de persoas adultas e de réxime especial, para o curso 2011/2012. Un total de 215 centros acollen durante este curso un club de lectura, que na maioría dos casos conta con varios grupos de lectores e lectoras, en función de intereses, idade e operatividade. Aumentan así mesmo o número de clubs que contan cun grupo de lectores adultos (profesoras e profesores, nais e pais, persoal non docente...).
+ información