O alumnado que forma parte dos clubs de lectura comeza a facer as súas propias recomendacións de lecturas. Isto é un bo síntoma, pois amosa a formación lectora que este alumnado vai acadando, así como a súa capacidade para consensuar uns títulos que consideran de interese para o resto de compañeiros e compañeiras do centro. Cuestión aparte é a análise que poidamos facer, en tanto que mediadores, da escolla, ou da porcentaxe que acada o galego nas diferentes seleccións, que acaso merecera algunha reflexión. Velaquí dous exemplos:
- Os Trasnos dos libros, club de lectura do IES de Poio (Poio, Pontevedra), que realizou unha excelente selección de lecturas para o verán.
- O alumnado dos clubs de lectura Na Estrada-525, do IES Manuel García Barros, e Os Retalladores do Galiñeiro, do IES Antón Losada Diéguez, ámbolos dous de A Estrada (Pontevedra) que se xuntaron nun xantar para rematar o curso e alí consensuaron un listado de libros recomendados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario