O Club de lectura "Ai, Ptolomeo, tolo meu" do IES Otero Pedrayo, de Ourense, é un club de lectura temático, asociado ao Departamento de Filosofía do centro e máis concretamente ao profesor de "Filosofía da Ciencia e da Tecnoloxía". Ten xa unha traxectoria de cinco anos. O seu coordinador, José Luís Martínez Costas, explica algúns dos logros do club, entre outros ter espertado o interese de profesorado, alumnado e pais e nais do centro. Pero, ademais dos alto nivel que acada o alumnado nos comentarios e recensións dos libros lidos, o coordinador do club achaca ao éxito do mesmo " que a asignatura-fonte do club (Filosofía da Ciencia e da Tecnoloxía) se converta nunha asignatura moi solictiada entre os alumnos de 2º de Bacharelato".
Informa, por outra parte, que "o club está fornecendo coas súas lecturas "unha sección especializada na biblioteca, sección que trata de unir cuestións científicas, sociais, políticas, históricas e filosóficas, introducindo ademais formatos moi actuais como o da banda deseñada."
Esto último é un camiño que poden facer as bibliotecas dos institutos, un camiño de futuro: a especialización nalgunha temática, de forma que pode ser referencia na zona, dotar de valor engadido á biblioteca do centro e contar cun material de interese para o intercambio bibliotecario con outros centros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario