13/10/11

MEMORIAS DOS CLUBS: Nautilus do IES Fernando Blanco (Cee)



“As xuntanzas sempre se celebran na biblioteca xa que deste modo facemos visible o club ao resto da comunidade escolar. En canto á moderación pretendemos que sexa sutil e apenas se note pois preferimos que espontaneamente xurdan os temas e que sexa o alumnado o que tome a palabra, se ben son moi enriquecedoras para todos as intervencións do profesorado que coñece en profundidade a obra que estamos a ler igual que ao seu autor/a, e mediante preguntas ou reflexións fan que o resto dos membros do club vexan algúns aspectos da obra que igual se lles escaparon na lectura individual.
(...) Na Ensinanza Secundaria de Adultos, na materia de Oferta Propia do Centro “Reflexións a través do cine e a lectura” decidiuse incorporar a actividade do club de lectura, aproveitando para formar diferentes clubs. Completábase a actividade co visionado de diversos filmes. As obras escollidas foron O neno do pixama de raias, O home que plantaba árbores, Historia de una gaviota y del gato que le enseñó a volar e Enderezo descoñecido."