19/10/11

MEMORIAS DE CLUBS: CPI San Vicente (A Baña)




A modo de avaliación
“Os aspectos máis negativos do club de lectura foron a lentitude de velocidade lectora dos alumnos ou a falta de compromiso para traer lido o libro na data suxerida, o que impedía facer as reunións coa periodicidade fixada, para comentar entre todos o libro; a dificultade de encontrar títulos que enganchen a todos (en 2º provocou o abandono dun par de libros, respectando o principio do club de lectura: disfrutar coa lectura... en non acabar sendo “o clube da tortura”... pero tamén abandonaron varios alumnos, o que consideramos un pequeno fracaso. (...)
O mellor, a colaboración co Concello da Baña, e coa responsable de Normalización, que mediante a páxina web do concello impulsa a lectura en colaboración cos fondos da biblioteca do centro e as suxestións de lectura deste club”.

18/10/11

MEMORIAS DOS CLUBS: Liñas de fuga do IES Macías o Namorado

“O achegamento á poesía foi potenciado –do mesmo xeito que o fixemos o curso anterior- mediante o desenvolvemento dunha actividade adicional, o Obradoiro de Creación e Debate Liñas de Fuga, impartido pola mesma profesora encargada polo Club de Lectura. (...)
Este curso decidimos comezar por tratar o tema do amor a fondo, dende distintas perspectivas, empregando diferentes fragmentos de épocas variadas.
Os textos escollidos foron estes:
-Elogio de la mujer chiquita, do Libro de Buen Amor
-Un soneto de Lope. “desmayarse, atreverse, estar furioso...”
-Un soneto de Avilés de Taramancos: No fondo dos teu sollos, na devesa perdida...
-Un poema de Martín Niemöller: Cuando los nazis vinieron a por mi.
-Un fragmento de “El amor cristiano” de Pablo (Carta al os Corintios,13): “(...) El amor es paciente y bondadoso; no tiene orgullo ni jactancia...”
Intentamos, con estes fragmentos, rompe ros esquemas que sobre este sentimento tiña nas nosas alumnas que o asocian sempre as ideas románticas, coa felicidade ou co malestar que dea í puidesen, segundo elas crían, derivar”.

17/10/11

MEMORIAS DE CLUBS: Club de lectura Sansaliber do CPI de San Sadurniño


Do club de lectura Sansaliber do CPI de San Sadurniño
"Entre os resultados obtidos figuran os seguintes:
-Contribución á socialización dos alumnado que compartíaa s súas opinións e gustos, aproximándose de maneira respectuosa ás dos outros.
-Fomento e consolidación do hábito lector, valorando especialmente a participación do alumnado de PDC.
-Maduración lectora, xa que adquiriron ou melloraron os seus criterios de selección persoais.
-Valoración da lectura como unha actividade axeitada para o tempo de lecer.
-Familiarización do alumnado cos blogues culturais e as formas de literatura asociadas ás novas tecnoloxías.
-Difusión da percepción da biblioteca como un centro de animación cultural”

14/10/11

MEMORIAS DOS CLUBS: As pintoras daltónicas do CPI dos Dices (Rois)

Imaxe: Club de lectura "A lus de San Finx". CPI Cernadas de Castro. Lousame
“O curso 2010-2011 foi o cuarto de funcionamento do noso club de lectura, que se rexeu polas pautas establecidas nos cursos anteriores. Téndomos en conta que concibimos o club como un proxecto plurianual –e esperamos que definitivo no noso centro- no que o alumnado pode entrar ao inicio do seu ensino secundario obrigatorio –mesmo no último ciclo de Educación Primaria- e continuar no club ata que abandona o centro, en 4º de ESO.”
(...)
“O noso obxectivo segue a ser obvio e modesto: gozar coa lectura. Atémonos incondicionalmente a esta única norma do noso club e considerando que a pertenza a el é absolutamente libre e voluntaria –e que tamén o é a participación nas actividades paralelas- axúdanos a conseguir es ameta. Por suposto, a través dese goce ímonos facendo lectores cada vez máis conscientes, máis esixente se máis críticos.”
Entre os seus obxectivos, recollemos “Compartir intereses e preferencias co resto da comunidade escolar a través dos videos elaborados, do blog da biblioteca, da revista escolar e do blog do club de lectura”, “Manter un contacto continuado co mundo do libro non só a través das lecturas senón tamén do cine, a música, os/as autores/as, os espazos... “, “Facer todo o anterior nun ambiente agradable, distendido e agardado polas integrantes, no que este ano as lambetadas propias e alleas gozaron dun lugar destacado.”
“Agasallámolos cun bolígrafo e un caderno (a cada un dos integrantes do club), para que se acostumasen a tomar notas cando len e, sobre todo, para facer incidencia na conciencia de grupo; para que se sintan como un colectivo con identidade propia”.

13/10/11

MEMORIAS DOS CLUBS: Nautilus do IES Fernando Blanco (Cee)



“As xuntanzas sempre se celebran na biblioteca xa que deste modo facemos visible o club ao resto da comunidade escolar. En canto á moderación pretendemos que sexa sutil e apenas se note pois preferimos que espontaneamente xurdan os temas e que sexa o alumnado o que tome a palabra, se ben son moi enriquecedoras para todos as intervencións do profesorado que coñece en profundidade a obra que estamos a ler igual que ao seu autor/a, e mediante preguntas ou reflexións fan que o resto dos membros do club vexan algúns aspectos da obra que igual se lles escaparon na lectura individual.
(...) Na Ensinanza Secundaria de Adultos, na materia de Oferta Propia do Centro “Reflexións a través do cine e a lectura” decidiuse incorporar a actividade do club de lectura, aproveitando para formar diferentes clubs. Completábase a actividade co visionado de diversos filmes. As obras escollidas foron O neno do pixama de raias, O home que plantaba árbores, Historia de una gaviota y del gato que le enseñó a volar e Enderezo descoñecido."

11/10/11

MEMORIAS DOS CLUBS: Club Marela do IES As Bizocas



"Despois de ler o relato “Un río de palabras” de Agustín Fernández Paz decidiuse facer anuncios para publicitar os libros que máis lles gustaban e colocalos pola vila.
”Nas primeiras reunións elaboráronse uns marcapáxinas en colaboración co departamento de Plástica. Neles aparecían as fotos dos membros do club de lectura coma se fosen follas dun libro desprendéndose ao poñelo boca abaixo. Tivo tal éxito o marcapáxinas que todos querían un similar. Por iso, fixéronse dous xigantes e un está no lugar reservado para as reunións na biblioteca e o outro na sección da biblioteca onde se sitúan os materiais adquiridos polo club.” (...)
“Os integrantes do club de lectura asisten a todas as reunións con autores, talleres... que se organizan no centro como un medio de premiar a súa implicación na vida e dinamización do mesmo”.

10/10/11

ENTRE MEMORIA E MEMORIA... un comezo




Recollémolo do club de lectura "Libros de peto" da biblioteca do IES de Ponteceso e di así:

"Un ano máis o club de lectura LIBRO DE PETO do IES Ponteceso, convócavos á primeira reunión arredor dunha cunca quentiña de chocolate , unhas cantas pastas e moitas ideas para ler neste curso.
Como é xa habitual formaremos tres grupos de avezados lectores: Os de 1º e 2º de ESO, os de 3º e 4º e, por último , os Bacharelatos e aínda que o ano pasado lles puxemos nomes, e incluso logos, estamos abertos a calquera tipo de cambios, suxestións, ideas …
Queremos ler, pasalo ben e compartir, así que esperámosvos o vindeiro 14 de outubro no recreo e na biblioteca.
Feliz chocolatada e… boas lecturas!!!"



Ganas dan de ir ata alá

7/10/11

MEMORIAS DOS CLUBS: IES Ribeira do Louro


Das conclusíóns:
“É unha actividade gratificante para todos: profesorado e alumnado; houbo un ambiente distendido, compartiamos gustos literarios e o pracer de ler e amosar diferentes aspectos que nos libros algún de nós, descubría. Unha mostra do seu interese pola actividade era que o alumnado lembraba ao profesorado os horario se datas de reunión.”

6/10/11

MEMORIAS DE CLUBS: EOI de Santiago (2)

“Durante esta primeira sesión tamén se presentou a actividade “Me and my shelf” na cal os alumnos/as terían que fotografarse coa súa biblioteca ou libro preferido. Esta actividade foi especialmente boa para que os membros do club descubriran gustos e tamén para dar a coñecer ao resto do alumnado e á comunidade educativa os integrantes do club, xa que se expuxeron no centro”

5/10/11

MEMORIAS DE CLUBS: EOI de Santiago

“Houbo unha suxestión a respecto de poñerse en contacto con outras EOI ou bibliotecas que teñan clubs de lectura en linguas estranxeiras para poder prestarlles os nosos libros e pedir a cambio que eles nos presten a nós os que teñen.
Tamén se propuxo a posibilidade de dar maior proxección ao club de lectura enmarcándoo nas accións do Proxecto ARCE, traballando en cooperación con Escolas Oficiais de Idiomas doutras comunidades autónomas”

4/10/11

MEMORIAS DOS CLUBS: IES Manuel Antonio (2)



“Do mesmo xeito que os cursos anteriores o club está dirixido a toda a comunidade educativa, e aberto ás persoas do entorno do centro, persoal non docente, alumnos do Centro Residencial Docente e ás persoas maiores da residencia próxima. Falamos coas asistentas sociais da Residencia de Persoas Maiores para continuar traballando con eles do mesmo xeito que o pasado curso. E tivemos unha reunión coa presidenta da ANPA para que dese a coñecer o club na seguinte reunión de pais/nais.
Os folletos informativos coas características e obxectivos do club, normas para asociarse e xeneralidades sobre o funcionamento do mesmo, que conteñen tamén a ficha de inscrición son os mesmos de anos anteriores.”

3/10/11

MEMORIAS DOS CLUBS: CPI San Vicente (A Baña)



Falando de colaboración...
"O grupo de adultos coordinados polo departamento de Normalización Lingüística do Concello da Baña, empezaron timidamente a súa andaina con Cartas de inverno de Fernández Paz, para continuar con Doce badaladas de Suso de Toro. Para o verán continuarán con O señor Ibraim... prestado pola biblioteca do centro, xa que os títulos anteriores foran prestados pola biblioteca do concello. Ao saber da súa existencia decidimos aunar esforzos e rendabiblidade. esperando colaborar o próximo curso, quizais cun fío temático sobre a guerra civil, con obras como A lingua das bolboretas ou O lápis do carpinteiro, de M. Rivas, pretendendo aproveitar a experiencia dos maiores e relacionalos cos pequenos."

30/9/11

MEMORIAS DOS CLUBS: Le+ do IES Manuel Antonio




“Xa desde principio de curso se comezou a facer publicidade do Club de lectura entre o alumnado e o profesorado.
Grazas ás reunións de coordinación, ás que ademais dos membros do grupo de biblioteca asiste o xefe de estudios e a vicedirectora do centro, a coordinadora do club tivo a oportunidade de asistir a unha das reunións de titores de ESO e bacharelato e alí dar a coñecer as experiencias do club, para que todos os titores puideses transmitira información aos seus alumnos e alumnas.
Ao resto do profesorado deixóuselles a información nas súas correspondentes “taquillas” e colocáronse carteis nos lugares máis destacados do centro. Esta información presentouse nun power point na entrada principal do instituto xunto con outra publicidade da biblioteca.
Tamén se enviou unha carta da Dirección do centro ás familias, informando da posibilidade de formar parte do Club.”

29/9/11

MEMORIAS DE CLUBS: O club Fraga do Novio do IES de Porto do Son




“O 5 de novembro o club de lectura compartiu unha saída conxunta cos clubs “As Campaíñas” do CP Ide Cuntis, “iESCALasletras” do IES Aquis Celenis de Caldas, “As Portadas” do CPI Domingo Fontán de Portas e “Na Estrada – 525” do IES Manuel García Barros da Estrada. Seguindo coa temática das historias de medo e intriga á que lle dedicou a biblioteca o primeiro trimestre, cada club participante representou relatos de terror á tardiña no mosteiro de Carboeiro, onde tamén tivemos ocasión de escoitar as historias de Celso Fernández Sanmartín.”

28/9/11

MEMORIAS DE CLUBS: María Castaña do IES de Sabón


O club María Castaña, tamén é moi visible na realización das exposicións: “Libros de guerra” ou “Libros con corazón”, realizadas con materiais da propia biblioteca; e tamén, da exposición de fotografías realizadas imitando portadas de libros ás que se acompañaba das obras orixinais ...

27/9/11

MEMORIAS DOS CLUBS: IES de Catabois (2)

Do Club Xuvenil do IES de Catabois
“Cada membro do Club está invitado a traer ás reunións calquera párrafo, verso, estrofa ou artículo que queira compartir cos demais membros para o seu comentario ou simple desfrute. Esta foi unha proposta de gran éxito, sobre todo nos primeiros meses, e da que saíron moi interesantes lecturas e charlas. Consideramos que é, ademais, moi importante de cara á práctica da lectura en público e en voz alta. E por outra parte, o alumno/a síntese escoitado nos seus intereses, e valorado polos mesmos, animando así a outros a facer o mesmo e movendo a reflexión, non só estética ou literaria, senón tamén filosófica ou social.”

"Maneras de leer"

A Asesoría de bibliotecas escolares estivo en Madrid os días 20 e 21 de setembro, no congreso Maneras de leer, organizado conjuntamente polos ministerios de Educación e Cultura. Fóramos convocadas a participar coa experiencia dos clubs de lectura en centros de ensino secundario de Galicia, unha iniciativa que está a chamar a atención a todos os que, desde o mundo da lectura, se achegan a ela. Alí estaban tamén as compañeiras que participan no programa ARCE, compartindo experiencias lectoras desde os seus clubs en diferentes recunchos do Estado: Murcia, Tenerife, Madrid e Galicia. Velaquí a súa propia crónica do que alí pasou, no blog que comparten En el país de Alicia.
A delegación galega non era pouca: ademais de Anxos, a coordinadora de As zocas faladoras, estaban presentes os compañeiros Rafa e Cris, do CEIP de A Lama, e as coordinadoras
das bibliotecas do CPI de Catoira, Nine, e do IES Ribeiras do Louro, Paz.
Maneras de leer permitiunos coñecer experiencias do ámbito da lectura pública e do ámbito do ensino, espalladas por todo o territorio do Estado. Permitiunos, así mesmo, reencontrarnos con amigos xa das bibliotecas escolares galegas, como Carmen Carramiñana e Merche Caballud, mestras e amigas, que desde o seu Leer juntos, tanto e tan ben nos teñen acompañado en distintos encontros e xornadas.

26/9/11

MEMORIAS DOS CLUBS: IES de Catabois




“O Club representa unhas das accións máis importantes da biblioteca, posto que intenta abrir as súas portas a todo o persoal do centro e ademais a membros das asociacións de veciños do entorno, ex alumnos, etc., obedecendo ao concepto de acceso á lectura de todo o colectivo, estendendo as súas actividades máis alá das accións netamente académicas.”

22/9/11

MEMORIAS DOS CLUBS: Colegas das palabras do IES Julio Prieto Nespereira




“A satisfacción do grupo queda explícita na constancia: un grupo de “colegas” levan dende o principio, sempre colaboran nas actividades dinamizadoras e normalizadoras do centro ademais das especificamente pertencentes ao club de lectura. Isto fai que a miña satisfacción sexa grande. Levo comigo intercambio de aprendizaxes e experiencias e unha relación humana moi especial e gratificante.”

19/9/11

MEMORIAS DOS CLUBS: Camiños do IES Luís Seoane





Recollemos dunha escolma de reflexións colectivas realizada a final de curso:
“Aquí, entre todos os que estamos, descubrín que a lectura me fixo distinta. Non digo que mellor, só distinta e capaz de comprender moitas cousas que non comprendía”.
“O impulso do Club de Lectura fíxome capaz de compartir coa miña nai lecturas. Ela sempre foi afeccionada á lectura e sentíase doída porque eu lía pouco. Agora está moi contenta e eu tamén.”
“Aquí todo son gabanzas pero moitos seguimos sendo tan vagos coma sempre. A min sempre me gustou ler pero non estudar e segue sen me gustar.”



Así se nos explica a razón do nome:
Camiños recibe o seu nome da convición de que “os libros abren mil camiños, camiños que nunca se acaban, e polos que se debe viaxar, poñer as pegadas nas páxinas que marcan os rumbos e os sendeiros que levan a todos os países, a todas as almas e a todas as situacións imaxinadas e contadas."

16/9/11

MEMORIAS DOS CLUBS: TUGA - LENDO - LUGO


Entre os desafíos para o próximo curso, o club TUGA – LUGO – LENDO proponse enviar un correo a todos os departamentos de portugués das EOI para animalos á creación de clubs de lectura en portugués, e de ser posible, tentarán establecer contacto con algún club de lectura en Portugal, co que se reunirían para debater arredor dunha mesma obra.
Parabéns pola claridade da mirada e ánimo para percorrer ese camiño!

15/9/11

MEMORIAS DOS CLUBS: As catro esquinas do quinto

En “As catro esquinas do quinto” coméntase
“(...) Este ano non puidemos asistir ás Xornadas – terapia (por causas totalmente alleas) que sempre traen un pouco de ánimo, moitas ideas e sentimentos de grupo, folgos tan necesarios para poder seguir adiante. Pero o certo é que,este ano,a nosa actitude de ánimo débese aos rapaces. Son eles os que nos fixeron non dubidar do noso traballo.
Explícome. Todo comezou o último día de curso 2009-2010, cando levamos aos máis pequenos do club á praia. Non se me pode esquecer o seu descaro ó ler, en medio dunha praia chea de xente, os seus poemas preferidos do mar (alucinante as súas escollas). Xa de camiño á casa, dinme conta do moito que merecían eses rapaces e rapazas que xa falaban emocionados dos proxectos do curso seguinte: se facer teatro, se ler non sei que cousa, se ir non sei onde a ler non sei que... Eles estaban a organizar de novo algo que nós,neses intres,pensabamos que se estaba a desfacer. E o certo é que eses pequenos demostraron este curso que non facían castelos no aire naquel autobús de volta da praia, levaron a cabo moitas das súas ideas, currando, lendo, falando..., un grupo excepcional. (...)
(...) non tivemos que tirar do club, o club tirou de nós. Parece que a semente está a dar un bo froito.”

14/9/11

MEMORIAS DOS CLUBS: Covaterreña

O Club Covaterreña ten como obxectivos:
- Fomentar o hábito lector entre o alumnado
- Aumentar o pracer da lectura mediante a comparación e contraste da experiencia lectora
- Impulsar o interese por expresar as ideas e sentimentos propios nacidos da lectura de distintos textos.
- Potenciar a capacidade crítica e argumentativa diante doutras persoas mediante o comentario dirixido.
- Apreciar o valor estético da literatura e a súa función como vehículo transmisor de ideas, coñecementos e expriencias.
- Ampliar a riqueza expresiva no ámbito da oralidade.
- Utilizar a biblioteca como lugar de convivencia.
- Utilizar as TIC para crear e interpretar textos.
E, a modo de conclusión,... “o club funcionou como un elemento integrador para alumnado de diferentes niveis educativos”.

13/9/11

MEMORIAS DOS CLUBS DE LECTURA: Fendetestas (2)

Os obxectivos que se pretendían acadar eran no club:
- Suliñar o carácter socializador e lúdico da actividade de ler e de falar sobre o que se leu.
- Contribuír, con iso, á formación integral dos individuos lectores.
- Perfeccionar as súas competencias básicas.
- Fomentar o traballo coas habilidades comprensivas, expresivas e documentais.
(...)

E xa para rematar, unha vez máis, os profesores que organizamos a actividade do club de lectura Fendetestas queremos deixar constancia do que nos fai medrar, non só como profesionais, senón como persoas, a participación nesta comunidade na que o interés común é ler para compartir, para coñecer e para coñecerse mellor. Sobre nós sobrevoa a voz do irrepetible Borges, quen con acerto dicía: “Uno llega a ser grande por lo que lee y no por lo que escribe.”

12/9/11

MEMORIAS DOS CLUBS: Fendetestas do IES de Curtis



“O proxecto funcionou desde outubro de 2008 e segue medrando día a día, con membros xa veteranos e con outros que recibimos con ilusión cada curso. Certo é tamén que non todos os que suben a este tren viaxan ata a última estación: algúns apeáronse no medio do traxecto, pero tamén cómpre dicir que ao baixar uns, outros novos viaxeiros subiron ao vagón da lectura.”