14/11/08

Clubs de lectura 2008/2009


O vindeiro 18 de novembro remata o prazo de presentación de solictiudes ao abeiro da convocatoria da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se incentiva o funcionamento de clubs de lectura en centros de ensino secundario.
+ información aquí e aquí

21/10/08

Próxima convocatoria para clubs de lectura 08/09

Segundo anunciou xa a Conselleira de Educación, na inauguración dos II Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia o pasado 17 de outubro, está próxima a ser publicada no portal educativo a nova convocatoria pola que se incentiva a existencia de clubs de lectura en centros que matriculan alumnado de ensino secundario, formación profesional e ensinanzas de réxime especial.

Informarase aquí, e neste mesmo blogue, convenientemente.

28/6/08






Algúns momentos da pasada Xornada de Clubs de lectura: Blanca Calvo, Pep Bruno, e os participantes: Arredor de 120 docentes implicados nesta fórmula de fomento da lectura en centros de ensino secundario de toda Galicia. O intercambio de experiencias e a reflexión conxunta, sen dúbida, mellorará proxectos vindeiros ... agora toca vacacións e repouso. Parabéns a todos os integrantes dos clubs de lectura!!!

2/6/08

Xornada dos clubs de lectura


Xa queda menos para a celebración da Xornada dos Clubs de Lectura, que terá lugar na EGAP (Escola Galega de Administración Pública) de Santiago de Compostela, o vindeiro 25 de xuño.
Acceso ao programa.

29/4/08

Xornada dos clubs de lectura

O mércores 25 de xuño celebrarase en Santiago de Compostela, nas instalacións da EGAP (Escola Galega de Administración Pública), a primeira XORNADA DE CLUBS DE LECTURA, destinada ao profesorado que coordina clubs de lectura en centros de ensino secundario de Galicia. O profesorado participante será convocado directamente desde a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa (Asesoría de Bibliotecas Escolares), en datas próximas.
O deseño da actividade contempla a presentación de experiencias significativas de clubs de lectura con actividade neste curso 2007/2008, así como a presencia de especialistas neste ámbito como Blanca Calvo e Pep Bruno.

31/3/08

Gonzalo Moure, coas Mariñas Lectoras



Gonzalo Moure visita Galicia con frecuencia... seica é un dos autores máis lidos e tamén máis queridos polos lectores e lectoras. Polo que contan As Mariñas Lectoras, a visita de Gonzalo ao IES As Mariñas, de Betanzos, foi un acto moi especial, unha verdadeira experiencia de comunidade lectora.

27/2/08

Todo o que necesitamos

Imaxe tomada na Feira do Libro da Habana, 17/02/07
O que necesitamos son lugares; por exemplo, unha mesa e unhas cadeiras arredor onde poidamos volver a aprender a ler, a ler xuntos. George Steiner

25/1/08

Club de lectura

Formar un club de lectores na biblioteca consiste, basicamente, en atraer a un grupo de rapaces e rapazas que desexen compartir as súas experiencias lectoras, coa mediación dun adulto que conduza todo o proceso. O espazo natural para o club de lectores será a biblioteca escolar, e os tempos axeitados para a súa celebración dependen das posibilidades de cada grupo (recreos, tempos non lectivos). O número de integrantes non debe ser excesivo: entre cinco e quince lectores, como máximo.

Len en mancomún

Nace LER EN MANCOMÚN, un espazo para o encontro dos Clubs de Lectura que comezan a agromar nos centros de ensino de Galicia.