Mostrando entradas con la etiqueta libros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta libros. Mostrar todas las entradas

30/10/20

Os 50 + lidos nos Clubs de lectura. Curso 2019/2020

Publícase a relación dos 50 títulos máis lidos nos Clubs de lectura dos centros de ensino secundario de Galicia no pasado curso 2019/2020.

 



20/12/19

Os 50 títulos + lidos nos Clubs de lectura do ámbito do ensino secundario en Galicia- 2018/2019

Coma en anos anteriores, publícase a relación dos 50 títulos máis lidos nos Clubs de lectura dos centros de ensino secundario de Galicia, durante o curso 2018/2019. 

Lémbrase que ésta relación é diferente á dos autores ou autoras máis lidos, posto que no conxunto dos clubs pódense ler varios títulos da mesma creadora ou creador. Esta nova listaxe publicarase próximamente.

24/1/19

50 títulos máis lidos nos Clubs de Lectura. Curso 2017/2018

Publícanse os 50 títulos máis lidos no conxunto dos clubs de lectura adscritos o programa CLUBS DE LECTURA, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, durante o curso 2017/2018, en centros que matriculan alumnado de ESO, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial (conservatorios, escolas oficiais de idiomas, ensinanzas de persoas adultas). Durante o curso 2017/2018 participaron desta iniciativa un mínimo de 231 clubs de lectura (que foron os que recibiron asignación específica para o seu funcionamento).Unha lectura detallada desta relación fala da diversidade de lecturas presentes nestes grupos de lectura.

10/4/18

Relación dos "40 + lidos" nos Clubs de lectura durante o curso 2016/2017


Autores/as más lidos/as nos Clubs de lectura
Curso 2016/2017
Nº orde
Autor/a
Títulos lidos
 (entre todos os clubs)
1
Agustín Fernández Paz
155
2
Ledicia Costas
82
3
Carlos Casares
69
4
Carlos Negro
43
5
Manuel Núñez Singala
40
6
Roald Dahl
39
7
Jordi Sierra i Fabra
38
8
Miguelanxo Prado
37
9
Patrick Ness
35
10
Francisco Castro
34
11
Andrea Maceiras
26
12
R. J. Palacio
24
13
Laura Gallego
23
14
Antón Riveiro Coello
23
15
John Boyne
22
16
Paco Roca
22
17
María Solar
22
18
Domingo Villar
22
19
Philippe Claudel
21
20
René Goscinny
21
21
Marcos Calveiro
19
22
Dolores Redondo
19
23
María Reimóndez
19
24
Antoine Saint-Exupèry
19
25
Fran Alonso
18
26
Fina Casalderrey
18
27
Marilar Aleixandre
18
28
Carlos Ruíz Zafón
18
29
Pedro Feijoo
17
30
César Mallorquí
17
31
Manuel Rivas
17
32
Rosa Aneiros
16
33
Mark Haddon
16
34
María Menéndez-Ponte
16
35
Xabier Quiroga
16
36
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
16
37
Agatha Christie
15
38
Eduardo Mendoza
14
39
Carlos Montero
14
40
Care Santos
14

25/1/18

Os 50 títulos máis lidos nos clubs de lectura de ámbito educativo no curso 2016/2017

Coma en anos anteriores, publícase a relación dos 50 títulos máis lidos polos clubs de lectura que participan neste programa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, destinado a incentivar o funcionamento de grupos de lectura nos centros públicos que matriculan alumnado de ensino secunario, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial. 

Durante o curso 2016/2017 participaron desta iniciativa un total de 12.300 lectores e lectoras vinculados de forma estable a un grupo de lectura en 243 centros educativos de ensino secundario espallados por todo o territorio galego. O 32% desde clubs de lectura contaron cun grupo de lectores e lectoras adultos, o que pon de manifesto a potencialidade desta práctica para facilitar a participación das familias e construír comunidades educativas lectoras. 

RELACIÓN DE TÍTULOS MÁIS LIDOS NOS CLUBS DE LECTURA - CURSO 2016/2017

21/10/16

De libros e amig@s

O club de lectura do IES Francisco Aguiar, de Betanzos, conta con varios grupos de lectura. Velaquí un vídeo que amosa a alegría de estaren xuntos e de compartir experiencia lectora.

22/9/16

Convocatoria de clubs de lectura para o curso 2016/2017.

O pasado 1 de setembro publicábase a convocatoria destinada a incentivar o funcionamento dos clubs de lectura nos centros de ensino secundario de Galicia para o curso 2016/2017, por un importe global de 210.000€. 

O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de outubro. 

17/12/15

As 40 autoras e autores máis lidos polos Clubs de Lectura no curso 14/15

Á vista das lecturas realizadas polos Clubs de lectura dos centros de ensino secundario e postobrigatorio de Galicia durante o curso 2014/2015, coñecemos os autores e autoras máis lidos polo lectorado neste período, sempre dentro das actividades dos 228 clubs de lectura que recibiron axudas a través da convocatoria da D. X. de Centros e Recursos Humanos para o seu funcionamento. O número de títulos lidos fai referencia ao total de lecturas de cada autor escollidas polo conxunto dos clubs.

Resulta de gran interese ver entre os autores máis lidos a poetas e autores de banda deseñada. Tamén  é salientable a presenza de autores clásicos entre os máis lidos.

11/12/15

Os 50 títulos máis lidos nos Clubs de Lectura - 2014/2015

No curso 2014/2015 funcionaron clubs de lectura, con apoio do programa de Clubs de Lectura, da D. X. de Centros e Recursos Humanos (Consellería de Cultura, Educación e O.U.), nun total de 228 centros educativos que matriculan alumnado de ESO, BAC, FP ou ensinanzas de réxime especial. Trala lectura das memorias destes clubs de lectura correspondentes, dífúndense algúns datos de interese: 

9/6/15

Agustín Fernández Paz. Premio dos Clubs de Lectura 2015


Agustín Fernández Paz. Premio dos Clubs de Lectura 2015 from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.

Agustín Fernández Paz recibiu na pasada VIII Xornada dos Clubs de lectura o Premio dos Clubs de Lectura 2015, concedido por ser o autor galego máis lido polos clubs no pasado curso 2013/2014, tal e como aparece recollido na Resolución de 23 de abril de 2015 

Agustín, que finalmente non puido acudir  a Compostela, dirixiuse aos asistentes a través deste vídeo, gravado previamente en previsión de calquera incidencia. Agradecemos a xenerosidade do escritor e todas as facilidades que nos deu para esta gravación, así como a presenza de Manuel Bragado, editor e amigo de Agustín, que acudiu no seu nome a recoller o premio dos lectores e das lectoras espallados polos centros de ensino secundario galegos.

12/11/14

Libros máis lidos nos Clubs de lectura durante o curso 2013/2014

Velaquí a relación de títulos máis lidos nos Clubs de Lectura dos centros de ensino secundario de Galicia durante o curso 2013/2014. Os datos están recollidos a partir das memorias dos 209 clubs de lectura que obtiveron axuda da Consellería de Cultura, Educación e O.U, ao abeiro da convocatoria en apoio de funcionamento de clubs de lectura. 

30/1/14

Os clubs van á radio

Un exemplo máis de como os clubs de lectura están ampliando actividade e sementando lecturas polo país adiante. Desta vez son as alumnas do Club de Lectura CORISTRANCA (Un club de lectura con retranca), do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco (A Coruña) as que aproveitan as posibilidades da radio, e neste caso da emisora CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña. 
No blogue do club de lectura temos toda a información sobre este club, e nesta ligazón, o podcast desta emisión radiofónica, fermosísimo momento de exaltación e de vivencia gozosa da lectura. Absolutamente recomendado!

Club de lectura de adultos no CEIP A Gándara

Coma en moitos outros centros, no CEIP A Gándara, de Monforte,  existe un club de lectura no que participan profesorado e famillias (e polo que vemos na imaxe, principalmente nais e profesoras). No seu blog podemos ver a programación de lecturas que teñen para os vindeiros meses e tamén lemos que algúns membros do club, inda que non poden asistir ás reunións, si queren participar das lecturas. Un xermolo máis de sociedade lectora agromando en Monforte de Lemos!!