29/4/08

Xornada dos clubs de lectura

O mércores 25 de xuño celebrarase en Santiago de Compostela, nas instalacións da EGAP (Escola Galega de Administración Pública), a primeira XORNADA DE CLUBS DE LECTURA, destinada ao profesorado que coordina clubs de lectura en centros de ensino secundario de Galicia. O profesorado participante será convocado directamente desde a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa (Asesoría de Bibliotecas Escolares), en datas próximas.
O deseño da actividade contempla a presentación de experiencias significativas de clubs de lectura con actividade neste curso 2007/2008, así como a presencia de especialistas neste ámbito como Blanca Calvo e Pep Bruno.