9/9/21

Convocatoria de Clubs de lectura para o curso 2021/2022

Vén de publicarse no Portal educativo a convocatoria de 12 de agosto de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no contexto das actuacións para o fomento da lectura no ámbito educativo, pola que se incentiva o funcionamento de CLUBS DE LECTURA en centros públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que acollen ensinanzas de educación primaria, secundaria, bachalerato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial para o curso 2021-2022.



O prazo límite para a presentación de solicitudes remata o 15 de outubro de 2021 (data incluída)

Accede aquí á convocatoria

29/7/21

Materiais da XIII Xornada dos Clubs de Lectura

 



O pasado 4 de xuño de 2021 celebrouse, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, a XIII Xornada dos Clubs de Lectura  que reuniu, presencialmente, a preto de 250 persoas, entre participantes, relatores e asesores e asesoras de formación do profesorado.
 
 
No enlace que adxuntamos a redeBE podedes acceder aos vídeos das presentacións e aos materiais aportados  polos poñentes.
 

Premio dos Clubs de Lectura 2021 para Eva Mejuto

 



Co gallo da celebración do Día do Libro, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, da Consellería de Cultura, Educación e Universidade , fai pública a Resolución de 23 de abril de 2021 pola que se recoñece a Eva Mejuto co Premio dos Clubs de Lectura 2021. 
 
No ano 2015 creouse este premio co obxecto de recoñecer cada ano a aqueles autores e autoras que, cos seus libros, axudan á construción de lectoras e lectores nestas etapas da adolescencia e a mocidade que, no ámbito da lectura, están consideradas como etapas de risco de abandono, ao ampliarse o abano de estímulos e intereses. Uns creadores comprometidos coa lingua que achegan a materia prima coa que os clubs de lectura poden contribuír á extensión da lectura en galego. Na resolución de creación do premio contemplábase que “o Premio dos Clubs de Lectura poderá entregarse unha soa vez a un autor ou autora. No caso de que o primeiro creador da relación resultante nun curso xa tivese recibido o premio, este seralle concedido ao autor ou autora seguinte na relación”.   Até o momento recibiron este galardón os escritores Agustín Fernández Paz (2015), Ledicia Costas (2016), Miguelanxo Prado (2017), Carlos Negro(2018), María Reimóndez (2019) e Andrea Maceiras (2020).
 
Eva Mejuto é unha das autoras más seguidas polo lectorado infantil e xuvenil galego. Na súa web podemos coñecer toda a súa traxectoria e todos os seus libros. Dous dos seus títulos, Memoria do silencio e 22 segundos están incluídos entre os 50 libros máis lidos nos Clubs de lectura no curso 2019/2020

21/4/21

AUTORAS/ES MÁIS LIDAS/OS NOS CLUBS DE LECTURA

 40 autoras e autores + lidas/os nos Clubs de lectura do ámbito educativo galego. Curso 2019/2020.




Publícase a relación dos 40 autores e autoras máis lidos polos Clubs de lectura participantes na convocatoria de Clubs de Lectura para centros que matriculan alumnado de ensino secundario, bacharaleto, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial de Galicia. Estas lecturas corresponden ao curso 2019/2020 e son o resultado do reconto realizado trala lectura das memorias correspondentes remitidas polos centros. Unha autora ou un autor pode  ver varios dos seus títulos seleccionados polo conxunto dos clubs. De aí a diferencia desta relación coa, xa publicada, dos 50 títulos máis lidos no mesmo período.

12/1/21

Resolución definitiva da convocatoria de Clubs de Lectura para o curso 2020/2021



O Portal Educativo vén de publicar a resolución definitiva da Convocatoria de Clubs de Lectura para o curso 2020/2021, segundo Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos do 23 de decembro de 2020. Distribúense contías, por un importe global de 200.000€, para o funcionamento de grupos de lectura en 213 centros públicos que matriculan alumnado de ensino secundario, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime xeral. Estas asignacións estarán destinadas nun mínimo do 85% á adquisición de libros para o desenvolvemento da actividade propia do club, a lectura (os libros que se adquirirán pasarán a integrarse na colección da biblioteca escolar); un máximo do 15% poderá destinarse a costear actividades complementarias do club tales como encontros con creadores/as, visitas culturais relacionadas con librerías, bibliotecas, encontros con outros clubs, visionado de películas ou asistenca ao teatro, sempre relacionadas coa actividade dos grupos de lectura.