30/12/11

Resolta a convocatoria de Clubs de Lectura para o curso 2011/2012

O Portal Educativo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se asignan contías para o funcionamento dos Clubs de Lectura en centros públicos que matriculan alumnado de ensino secundario, bacharelato, formación profesional, ensinanzas de persoas adultas e de réxime especial, para o curso 2011/2012. Un total de 215 centros acollen durante este curso un club de lectura, que na maioría dos casos conta con varios grupos de lectores e lectoras, en función de intereses, idade e operatividade. Aumentan así mesmo o número de clubs que contan cun grupo de lectores adultos (profesoras e profesores, nais e pais, persoal non docente...).
+ información

20/12/11

O QUE APARECE NOS BLOGUES...


No blogue do Club de lectura Caladoiro do IES A Sardiñeira, recóllense presentacións de discos e de libros, campañas de lectura e de uso da lingua, actividades de lecer cultural na cidade e, incluso, boas imaxes de lectores da man de Lorenzo Mattoti.

Animámosvos a que entredes pola súa fiestra e o sigades.

15/12/11

VIAXAR COS LIBROS COMO MOTIVO, VIAXAR A TRAVÉS DOS LIBROS




O club de lectura bibliobrey, do CEIP Fermín Bouza Brey de Ponteareas, viaxa realizando rutas literarias. Así o contan...


"Para despedida, o club de lectura disfrutou dun roteiro literario polo río Tea.Lemos diferentes poemas de Javier Heraud, dedicados ao río, e incluso un escrito por María Portela, membro do noso club. E...o bizcoito de chocolate tampouco podía faltar. Houbo entrega de diplomas e un folleto de recomendacións de "libros con sabor a chocolate".


Pero outras veces, viaxan no tempo cos Megatoxos, e así o relatan...


"Este xoves pasado xuntámonos para falar dos Megatoxos e do aprendiz de Druída. Foi unha sesión chea de entusiasmo, todos querían participar cos seus comentarios e opinións. Falamos dos poderes especiais dos protagonistas e tamén dos celtas, pobo ao que viaxan, e sobre o que investigaron algúns dos membros do club. Todo esto acompañado de diferentes doces feitos por eles mesmos para a ocasión. Gustoulles poder acompañar aos Megatoxos nesta viaxe no tempo e xa están desexando ler as seguintes aventuras destes rapaces e rapazas"

13/12/11

LECTURAS POR MESES

Cada mes os seus libros!
Así len os de Balbordo e Balbordobis, os clubs de lectura do IES Rïo Cabe de Monforte.

Neste mes de decembro andan ás voltas con A palabra exacta de Antón Lopo, Tristes armas de Marina Mayoral, Qué blanca más bonita soy de D. Verroen e Orejas de mariposa de Luisa Aguilar.
Boas lecturas!

9/12/11

NOVO BLOGUE DE CLUB









O IES Poeta Añón de Outes puxo en marcha o seu club de lectura e, con el, un novo blogue.
Nel cóntannos:
"O pasado día 7 de novembro tivo lugar a primeira xuntanza deste curso dos "Laretas". Como vedes nas fotos, para ir rompendo o xeo e coñecernos mellor, compartimos unhas pizzas quentiñas que fixeron a boca auga a todos os que por alí se acercaron. Foi tamén a ocasión de dar a benvida ó club a dúas lectoras: Alba e Tatiana, de 4º ESOA lectura que compartimos esta vez foi "Cuando Hitler robó el conejo rosa", de Judith Kerr, unha noveliña sinxela pero apaixoante, que nos fixo compartir as tribulacións da protagonista, Anna, e a súa familia cando se ven obrigados a abandonar o seu fogar en Berlin, fuxindo da expansión do nazismo nos anos previos ó estoupido da 2ª Guerra Mundial. Unha noveliña moi recomendable, de fácil lectura, que nos acercou ás experiencias vitais dunha familia xudea obrigada a deixar atrás todo o que aman (liberdades, familia, amizades...) "

5/12/11

Saramago, sempre Saramago




Recollido do blogue do club de lectura "Ao Pé da Letra" do IES Cidade de Antioquia


"¿Por qué los lectores de un libro que se conocen y viven más o menos cerca no se reúnen para hablar de ese libro después de haberlo leído? ¿Por qué tiene la lectura que ser siempre una actividad solitaria? ¿Por qué no un intercambio entre lectores y libros? ¿Por qué no hablar de un libro que se acaba de publicar o de un libro que forma parte de nuestra cultura y de nuestra educación sentimental? Esto sería fomentar de verdad la lectura en el lector mismo, en lugar de caer en la ambición quizá desmedida de poner a todo el mundo a leer. Se puede hacer de la lectura algo distinto a un placer solitario, que lo es también, y en primera instancia. No propongo un sistema colectivista sino la acción dinámica que supone el intercambio de ideas u opiniones sobre el libro. Porque el libro es algo más que un objeto que se coloca en la estantería para no volver a él, resulta que el libro es una plataforma de comunicación entre personas,..."
José Saramago.
El libro de cada día

1/12/11

CLUBS de le ctura nos CFR (2)

O CFR de Ferrol conta co club de lectura Teachers by Day.
Xa comezaron a súa andaina anual...
Así nolo contan:
"O próximo xoves, día 24 de novembro retomamos as reunións do club de lectura en inglés Teachers by Day. Se están interesados en formar parte do club de lectura, por favor contacten coa asesoría de Linguas Estranxeiras."