20/2/23

Informe Clubs de lectura do curso 2021/2022

 

Como en anos anteriores, publícase un breve informe sobre as actuacións dos Clubs de lectura que participaron na convocatoria de 2021/2022, logo da lectura das memorias correspondentes e a recollida da información ofrecida polos centros. 


TEXTO DO INFORME

Resolución definitiva da convocatoria de Clubs de lectura para o curso 2022/23

O Portal Educativo vén de publicar a resolución definitiva da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se dá a coñecer a relación de centros que reciben asignación para o funcionamento de clubs de lectura, segundo convocatoria de 26 de setembro de 2022, a través da cal se incentiva esta actividade de fomento da lectura en centros de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que acollen ensinanzas de educación primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial para o curso 2022/23. 


PUBLICACIÓN NO PORTAL EDUCATIVO

TEXTO DA RESOLUCIÓN 

Convocatoria de Clubs de Lectura para o curso 2022/2023

 



Vén de publicarse no Portal educativo a convocatoria de 26  de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, no contexto das actuacións para o fomento da lectura no ámbito educativo, pola que se incentiva o funcionamento de CLUBS DE LECTURA en centros públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que acollen ensinanzas de educación primaria, secundaria, bachalerato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial para o curso 2022-2023.


O prazo límite para a presentación de solicitudes remata o 1 de novembro de 2022 (data incluída)

 

PUBLICACIÓN NO PORTAL EDUCATIVO

TEXTO DA CONVOCATORIA E ANEXOS

22/4/22

Premio dos Clubs de Lectura 2022 para Antía Yáñez

 



 
 Co gallo da celebración do Día do Libro, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, da Consellería de Cultura, Educación e Universidade , fai pública a Resolución de 22 de abril de 2022 pola que se recoñece a Antía Yáñez co Premio dos Clubs de Lectura 2022. 

No ano 2015 creouse este premio co obxecto de recoñecer cada ano a aqueles autores e autoras que, cos seus libros, axudan á construción de lectoras e lectores nestas etapas da adolescencia e a mocidade que, no ámbito da lectura, están consideradas como etapas de risco de abandono, ao ampliarse o abano de estímulos e intereses. Uns creadores comprometidos coa lingua que achegan a materia prima coa que os clubs de lectura poden contribuír á extensión da lectura en galego. Na resolución de creación do premio contemplábase que “o Premio dos Clubs de Lectura poderá entregarse unha soa vez a un autor ou autora. No caso de que o primeiro creador da relación resultante nun curso xa tivese recibido o premio, este seralle concedido ao autor ou autora seguinte na relación”.   Até o momento recibiron este galardón os escritores Agustín Fernández Paz (2015), Ledicia Costas (2016), Miguelanxo Prado (2017), Carlos Negro(2018), María Reimóndez (2019), Andrea Maceiras (2020) e Eva Mejuto (2021).

Antía Yáñez é unha das autoras máis seguidas polo lectorado infantil e xuvenil galego.  Dous dos seus títulos, Be water e Senlleiras están incluídos entre os 50 libros máis lidos nos Clubs de lectura no curso 2020/2021. 


5/4/22

As/os 50 autoras e autores máis lidos polos Clubs de Lectura no curso 2020-2021

 





Como en anos anteriores, trala revisión das memorias dos Clubs de lectura correspondente ao curso 2020/2021, e á vista das lecturas realizadas polos diferentes grupos integrados no club de lectura de cada centro participante, pódese coñecer a relación dos 50 títulos máis lidos así como o número de lectura realizadas de cada autor ou autora, tendo en conta as diferentes obras lidas de cada un deles.

Publícase agora a relación dos 50  autores e autoras máis lidos polos clubs de lectura nese período.

 

22/12/21

Informe Clubs de lectura do curso 2020/2021

 



Como en anos anteriores, publícase un breve informe sobre as actuacións dos Clubs de lectura que participaron na convocatoria de 2020/2021, logo da lectura das memorias correspondentes e a recollida da información ofrecida polos centros. 


TEXTO DO INFORME


Imaxe do Club de Lectura de Ciclo Medio Servizos e Restauración do CIFP Compostela

21/12/21

Resolución definitiva da convocatoria de Clubs de lectura para o curso 2021/2022

 


O Portal Educativo vén de publicar a resolución definitiva da Convocatoria de Clubs de Lectura para o curso 2021/2022, segundo Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos do 20 de decembro de 2021. Distribúense contías, por un importe global de 400.000 €, para o funcionamento de grupos de lectura en 346 centros públicos que matriculan alumnado de ensino primario, secundario, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime xeral.
 
Estas asignacións estarán destinadas nun mínimo do 75% á adquisición de libros para o desenvolvemento da actividade propia do club, a lectura (os libros que se adquirirán pasarán a integrarse na colección da biblioteca escolar); un máximo do 25% poderá destinarse a costear actividades complementarias do club tales como encontros con creadores/as, visitas culturais relacionadas con librerías, bibliotecas, encontros con outros clubs, visionado de películas ou asistenca ao teatro, sempre relacionadas coa actividade dos grupos de lectura.
 
 
Na imaxe, club de lectura "Lendo no Galiñeiro" do IES Valadares (Vigo-Pontevedra)
 


9/9/21

Convocatoria de Clubs de lectura para o curso 2021/2022

Vén de publicarse no Portal educativo a convocatoria de 12 de agosto de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no contexto das actuacións para o fomento da lectura no ámbito educativo, pola que se incentiva o funcionamento de CLUBS DE LECTURA en centros públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que acollen ensinanzas de educación primaria, secundaria, bachalerato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial para o curso 2021-2022.



O prazo límite para a presentación de solicitudes remata o 15 de outubro de 2021 (data incluída)

Accede aquí á convocatoria

29/7/21

Materiais da XIII Xornada dos Clubs de Lectura

 



O pasado 4 de xuño de 2021 celebrouse, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, a XIII Xornada dos Clubs de Lectura  que reuniu, presencialmente, a preto de 250 persoas, entre participantes, relatores e asesores e asesoras de formación do profesorado.
 
 
No enlace que adxuntamos a redeBE podedes acceder aos vídeos das presentacións e aos materiais aportados  polos poñentes.
 

Premio dos Clubs de Lectura 2021 para Eva Mejuto

 



Co gallo da celebración do Día do Libro, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, da Consellería de Cultura, Educación e Universidade , fai pública a Resolución de 23 de abril de 2021 pola que se recoñece a Eva Mejuto co Premio dos Clubs de Lectura 2021. 
 
No ano 2015 creouse este premio co obxecto de recoñecer cada ano a aqueles autores e autoras que, cos seus libros, axudan á construción de lectoras e lectores nestas etapas da adolescencia e a mocidade que, no ámbito da lectura, están consideradas como etapas de risco de abandono, ao ampliarse o abano de estímulos e intereses. Uns creadores comprometidos coa lingua que achegan a materia prima coa que os clubs de lectura poden contribuír á extensión da lectura en galego. Na resolución de creación do premio contemplábase que “o Premio dos Clubs de Lectura poderá entregarse unha soa vez a un autor ou autora. No caso de que o primeiro creador da relación resultante nun curso xa tivese recibido o premio, este seralle concedido ao autor ou autora seguinte na relación”.   Até o momento recibiron este galardón os escritores Agustín Fernández Paz (2015), Ledicia Costas (2016), Miguelanxo Prado (2017), Carlos Negro(2018), María Reimóndez (2019) e Andrea Maceiras (2020).
 
Eva Mejuto é unha das autoras más seguidas polo lectorado infantil e xuvenil galego. Na súa web podemos coñecer toda a súa traxectoria e todos os seus libros. Dous dos seus títulos, Memoria do silencio e 22 segundos están incluídos entre os 50 libros máis lidos nos Clubs de lectura no curso 2019/2020. 

21/4/21

AUTORAS/ES MÁIS LIDAS/OS NOS CLUBS DE LECTURA

 40 autoras e autores + lidas/os nos Clubs de lectura do ámbito educativo galego. Curso 2019/2020.




Publícase a relación dos 40 autores e autoras máis lidos polos Clubs de lectura participantes na convocatoria de Clubs de Lectura para centros que matriculan alumnado de ensino secundario, bacharaleto, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial de Galicia. Estas lecturas corresponden ao curso 2019/2020 e son o resultado do reconto realizado trala lectura das memorias correspondentes remitidas polos centros. Unha autora ou un autor pode  ver varios dos seus títulos seleccionados polo conxunto dos clubs. De aí a diferencia desta relación coa, xa publicada, dos 50 títulos máis lidos no mesmo período.

12/1/21

Resolución definitiva da convocatoria de Clubs de Lectura para o curso 2020/2021



O Portal Educativo vén de publicar a resolución definitiva da Convocatoria de Clubs de Lectura para o curso 2020/2021, segundo Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos do 23 de decembro de 2020. Distribúense contías, por un importe global de 200.000€, para o funcionamento de grupos de lectura en 213 centros públicos que matriculan alumnado de ensino secundario, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime xeral. Estas asignacións estarán destinadas nun mínimo do 85% á adquisición de libros para o desenvolvemento da actividade propia do club, a lectura (os libros que se adquirirán pasarán a integrarse na colección da biblioteca escolar); un máximo do 15% poderá destinarse a costear actividades complementarias do club tales como encontros con creadores/as, visitas culturais relacionadas con librerías, bibliotecas, encontros con outros clubs, visionado de películas ou asistenca ao teatro, sempre relacionadas coa actividade dos grupos de lectura.
 

1/12/20

Resolución provisional da convocatoria de Clubs de lectura. Curso 2020/21

O Portal Educativo publica hoxe a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se dá a coñecer a relación provisional de centros que reciben asignación para o funcionamento de clubs de lectura no curso 2020/21. 

- RESOLUCIÓN PROVISIONAL


 

30/10/20

Os 50 + lidos nos Clubs de lectura. Curso 2019/2020

Publícase a relación dos 50 títulos máis lidos nos Clubs de lectura dos centros de ensino secundario de Galicia no pasado curso 2019/2020.

 



29/10/20

Convocatoria de Clubs de Lectura para o curso 2020-2021

 


Vén de publicarse no Portal educativo a convocatoria de Clubs de Lectura para o curso 2020-2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se estimula e apoia o funcionamento de clubs de lectura en centros públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que acollen ensinanzas de educación secundaria, bachalerato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 16 de novembro de 2020.


25/6/20

Informe Clubs de lectura do curso 2018/2019

Coma en anos anteriores, publícase un breve informe sobre as actuacións dos Clubs de lectura que participaron na convocatoria de 2018/2019, logo da lectura das memorias correspondentes e a recollida da información ofrecida polos centros. 

 

23/4/20

Premio dos Clubs de Lectura 2020 para Andrea Maceiras

A escritora Andrea Maceiras é unha das autoras máis seguidas polo lectorado galego. Os seus libros están sempre entre os máis lidos polos clubs de lectura e ten recibido o recoñecemento dos expertos a través de diversos galardóns, como o Premio Lazarillo 2018 co seu libro "Conta nove estrelas".

Tras dar a coñecer a relación dos 40 autores e autoras máis lidas polos Clubs de Lectura no curso 2018/2019, a D.X. de Centros e Recursos Humanos publica hoxe, co gallo do Día Mundial do Libro, a Resolución do 23 de abril de 2020 pola que se recoñece o labor de Andrea Maceiras como escritora de textos de interese para os mozos e mozas galegos, a través do Premio dos Clubs de Lectura 2020. 

16/4/20

40 autoras e autores + lidas/os nos Clubs de lectura do ámbito educativo galego. Curso 2018/2019.


Publícase a relación dos 40 autores e autoras máis lidos polos Clubs de lectura participantes na convocatoria de Clubs de Lectura para centros que matriculan alumnado de ensino secundario, bacharaleto, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial de Galicia. Estas lecturas corresponden ao curso 2018/2019 e son o resultado do reconto realizado trala lectura das memorias correspondentes remitidas polos centros. Unha autora ou un autor pode  ver varios dos seus títulos seleccionados polo conxunto dos clubs. De aí a diferencia desta relación coa, xa publicada, dos 50 títulos máis lidos no mesmo período.

20/12/19

Os 50 títulos + lidos nos Clubs de lectura do ámbito do ensino secundario en Galicia- 2018/2019

Coma en anos anteriores, publícase a relación dos 50 títulos máis lidos nos Clubs de lectura dos centros de ensino secundario de Galicia, durante o curso 2018/2019. 

Lémbrase que ésta relación é diferente á dos autores ou autoras máis lidos, posto que no conxunto dos clubs pódense ler varios títulos da mesma creadora ou creador. Esta nova listaxe publicarase próximamente.

16/12/19

Resolución da convocatoria de clubs de lectura para o curso 2019/2020

O Portal Educativo publicou xa a resolución definitiva da Convocatoria de Clubs de Lectura para o curso 2019/2020, segundo Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos do 13 de decembro de 2019. Distribúense contías, por un importe global de 220.000€, para o funcionamento de grupos de lectura en 247 centros públicos que matriculan alumnado de ensino secundario, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime xeral. Estas asignacións estarán destinadas nun mínimo do 75% á adquisición de libros para o desenvolvemento da actividade propia do club, a lectura (os libros que se adquirirán pasarán a integrarse na colección da biblioteca escolar); un máximo do 25% poderá destinarse a costear actividades complementarias do club tales como encontros con creadores/as, visitas culturais relacionadas con librerías, bibliotecas, encontros con outros clubs, visionado de películas ou asistenca ao teatro, sempre relacionadas coa actividade dos grupos de lectura.