23/10/13

Memorias dos Clubs (1)

                                                                              Club de lectura do IES Val do Tea
 Do club Tesmoitoconto (CPI A Picota)
"Queremos aportar unha valoración moi positiva con respecto á lectura posto que o alumnado deste Club disfrutaba tremendamente reflexionando sobre os libros lidos, por riba de calquera outro tipo de actividade relacionada coa mesma. Por outra banda, parécenos moi importante sinalar que algúns dos rapaces e rapazas que pertencían ao Club non son grandes lectores, polo que o xeito de participar neste tipo de actividades, por iniciativa propia ten para todos nós un valor moi positivo. Outros, os máis lectores aportaron os seus gustos e as súas suxerencias sobre posibles lecturas que lles gustaría que formasen parte da biblioteca do centro, e dende o equipo tivéronse en conta para renovar os seus fondos.
Sen dúbida, a participación deste alumnado no Club de Lectura contribuíu non só ao seu desenvolvemento persoal, aumentando a súa capacidade para sintetizar e expoñer as súas opinións... senón que tamén axudou a facer que este alumnado se integrase máis na vida do centro e especialmente na biblioteca do mesmo."

22/10/13

O que escriben os clubs


                                                                                                Voar cos libros. IES República Oriental do Uruguai
"En canto á consecución dos obxectivos marcados inicialmente, pensamos que. de forma xeral, cumpríronse. Os alumnos e alumnas disfrutaron coas lecturas e actividades elixidas. Participaron nos debates expresando opinións ou simplemente escoitando, e aprenderon a tolerar ideas moitas veces contrarias ás súas. (...)
Un dos nosos obxectivos principais era ser capaces de xerar un sentimento de "pertenza a un grupo" e pensamos que o conseguimos, entre outras cousas grazas ás actividades que englobaban a todo o Club como a visita á Biblioteca Pública, as saídas teatrais ou as comidas que compartiron maiores e pequenos misturados. Tamén notamos como rapaces e rapazas que non estaban no Club sentían interese polo que faciamos e animáronse a formar parte deste ao longo do curso."

15/10/13

Mercadiño de libros no IES Lama das Quendas (Chantada, Lugo)

 
"A biblioteca do I.E.S. Lama das Quendas, en colaboración co club de lectura "A Quenda do libro", promove un Mercadiño de libros  que servirá para conmemorar  o Día Internacional das Bibliotecas Escolares e , ao tempo, favorecerá a convivencia  e a solidariedade entre as diferentes persoas que conforman a comunidade escolar e o gusto polos libros.
 

2/10/13

Comezan a andar os clubs de lectura

 
Nestes inicios de curso as bibliotecas escolares botan a andar os seus servizos e programas. Aquelas nas que funciona o club de lectura comezan a convocar ao alumnado co fin de organizar os diversos grupos de lectura, en función da demanda, dos niveis de idade, dos intereses, do profesorado implicado. Velaquí temos o exemplo do IES LAMA DAS QUENDAS, de Chantada (Lugo), e do éxito que acadou na primeira convocatoria entre o alumnado.

10/9/13

Convocatoria en apoio aos clubs de lectura para o curso 2013/2014

Xa foi publicada no Portal Educativo a convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se incentiva o funcionamento de clubs de lectura, durante o curso 2013/2014, en centros públicos que matriculen alumnado de ensino secundario, bacharelato, formación profesional, ensinanzas de persoas adultas e de réxime especial (conservatorios, escolas oficiais de idiomas). O prazo de presentación de solicitudes remata o  vindeiro 11 de outubro de 2013.

28/6/13

VI Xornada dos clubs de lectura (vídeo resume)


VI Xornada dos Clubs de Lectura from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.
Vídeo que resume o ambiente e o contido da VI Xornada dos Clubs de Lectura, celebrada en Compostela o 31 de maio de 2013, organizada pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, coa colaboración do Servizo de Formación do Profesorado. Esta iniciativa encádrase no programa HORA DE LER, de fomento da lectura en centros de ensino, e reúne anualmente ao profesorado que coordina os clubs de lectura que existen nos centros de ensino secundario de Galicia, ao abeiro da convocatoria  da Consellería de Cultura, Educación e O.U., de axudas para o seu funcionamento. 

ACCESO AOS VÍDEOS DAS DIFERENTES SESIÓNS

Marcos Calveiro: ler, escribir, amar


Marcos Calveiro: "Ler, escribir, amar" from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.
Intervención do escritor Marcos Calveiro para finalizar a VI Xornada dos Clubs de Lectura. 

Redelibros, a rede social galega do libro


Xosé R. Lois: Redelibros from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.
Intervención de Xosé R. Lois, responsable de Redelibros, a rede social galega do libro, na VI Xornada de Clubs de Lectura, celebrada en maio en Compostela.

Clubs que se reúnen

Así nolo contan, desde o IES de Porto do Son:
"Xa vimos compartindo saídas e lecturas cos clubs de lectura do IES Aquis Celenis de Caldas. Primeiro foi Viana do Castelo, logo o Mosteiro de Carboeiro. Este ano, para despedir aos nosos queridos alumnos de 2º de bacharelato, a primeira fornada nesta andaina da lectura, decidimos facer unha viaxe a Porto. Compartimos a lectura - previamente leramos A casa das sombras nefeastas de Paulo Soriano e O embodeiro que sonhava passaros de Mia Couto- e en Porto, un paseo polo Douro, un xogo de pistas para coñecer un pouco máis a cidade e a cultura portuguesas, festa, a Casa da Música, a Biblioteca Almeida Garret... Seguimos na nosa teima de facer presence o que nos une a Portugal. Foi un luxo viaxar con estes mozos e mozas que asisten ano tras ano ás sesións dos clubs de lectura! Por suposto, magnífica a compaña do IES Aquis Celenis de Caldas. Repetiremos: unha boa forma de optimizar os cartos e de achegar pontes arredor da lectura!"

21/6/13

Os clubs de lectura contribúen á adquisición de competencias básicas


Mesa de experiencias: Clubs de lectura e competencias básicas from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.

Velaquí a mesa de experiencias que baixo o título "Participar nun club de lectura serve para adquirir competencias imprescindibles", tivo lugar na mañá da VI Xornada dos Clubs de Lectura, celebrada en Compostela o 31 de maio de 2013. Interveñen:
- Begoña Valdés, do IES Ramón Otero Pedrayo, de A Coruña
- Julio Abalde, do IES Ribeira do Louro, de O Porriño
- Almudena Platero, do IES Xesús Ferro Couselo, de Ourense
- Delio Chao, do CPI Luís Díaz Moreno, de Baralla (Lugo)  

ACCESO A TODOS OS MATERIAIS E VÍDEOS DA XORNADA (entrar como "convidado")

18/6/13

Roteiro literario por Celanova

 
O alumnado do club de lectura do IES Ribeira do Louro, de O Porriño (Pontevedra), deu remate ao curso cunha visita literaria a Celanova, a vila dos poetas, a terra de Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro e Xosé Luís Méndez Ferrín. Velaquí o vídeo deste roteiro literario e da visita á biblioteca do IES de Celanova, que sempre resulta impactante, por estar aloxada no que fora a sala capitular do antigo mosteiro. Roteiro literario por excelencia, Celanova acolle ao alumnado dos clubs de lectura con frecuencia e ofrécelles oportunidadees para continuar avanzando na súa formación cultural e lectora.

O alumnado dos clubs de lectura recomenda...

O alumnado que forma parte dos clubs de lectura comeza a facer as súas propias recomendacións de lecturas. Isto é un bo síntoma, pois amosa a formación lectora que este alumnado vai acadando, así como a súa capacidade para consensuar uns títulos que consideran de interese para o resto de compañeiros e compañeiras do centro. Cuestión aparte é a análise que poidamos facer, en tanto que mediadores, da escolla, ou da porcentaxe que acada o galego nas diferentes seleccións, que acaso merecera algunha reflexión. Velaquí dous exemplos:

5/6/13

Os autores con máis títulos lidos nos clubs de lectura, curso 11/12

E seguindo con datos correspondentes ao curso 11/12 (agardando para poder recoller as lecturas deste curso), velaquí os autores que contan con máis títulos lidos polos diferentes clubs de lectura en centros de ensino de Galicia no pasado ano académico:

Autores con máis títulos lidos nos clus de lectura. Curso 11/12
Autor
Nº títulos
Sierra i Fabra, Jordi
24
Fernández Paz, Agustín
18
Dickens, Charles
11
Gallego, Laura
11
Allan Poe, Edgar
9
Casalderrey, Fina
8
Dahl, Roald
8
Christie, Agatha
7
Cunqueiro, Álvaro
6
Fariña, Anxo
6
Moure, Gonzalo
6
Rivas, Manuel
6
Toro, Suso de
6
Aleixander, Marilar
5
Alonso, Fran
5
Castelao
5
García Márquez, Gabriel
5
López Marváez, Concha
5
Mendoza, Eduardo
5
Ruiz Zafón, Carlos
5
Alfaya, An
4
Álvarez, Blanca
4
Calveiro, Marcos
4
Carranza, Maite
4
Conan Doyle, Arthur
4
Fole, Ánxel
4
Gisbert, Joan Manuel
4
Gómez Cerdá, Alfredo
4
Hergé
4
Miranda, Xosé
4
Moccia, Federico
4
Poe, Allan Edgar
4
Reimóndez, María
4
Zweig, Stephan
4
Ammaniti, Niccoló
3
Aneiros, Rosa
3
Calvino, Italo
3
Carballude, Pepe
3
Caride, Ramón
3
Castro, Francisco
3
Delibes, Miguel
3
Docampo, Xabier P.
3
Gallego Abad, Elena
3
Gelinek, Joseph
3
Gómez, Ricardo
3
Lalana, Fernando
3
Lienas, Gemma
3
Lindo, Elvira
3
London, Jack
3
Lovecraft, H.P.
3
Martín, Andreu
3
Molina, M.I.
3
Pardo Bazán, Emilia
3
Stevenson, Robert Luis.
3
Taniguchi, Jiro
3
Wilde, Oscar
3

Os 25 títulos máis lidos nos clubs de lectura en 2011/2012

Mentres agardamos polos resultados das memorias dos clubs de lectura do curso que remata, 2012/2013, recollemos aquí os títulos que no curso anterior foran escollidos por un maior número de grupos de lectura. Velaquí, pois, os 25 títulos máis compartidos polos diferentes clubs de lectura espallados por toda Galicia no pasado curso 2011/2012.


OS 25TÍTULOS MÁIS LIDOS NOS CLUBS DE LECTURA DURANTE O CURSO 2012/2013
Autor
Título
Idioma
Nº de clubs
Villar, Domingo
A praia dos afogados
G
13
Neira Vilas, Xosé
Memorias dun neno labrego
G
12
Roca, Paco
Enrugas
G
11
Collins, Suzanne
Los juegos del hambre
C
11
Haddon, Mark
 El curioso incidente del perro medianoche
C
10
Boyne, J
El niño con el pijama de rayas
C
9
Fernández Paz, Agustín
Non hai noite tan longa
G
9
Castelao
Cousas
G
8
Gallego, Laura
Donde los árboles cantan
C
8
Muñoz Singala
O achado do castro
G
8
Lienas, Gema
O diario violeta de Carlota
G
8
Moure, Gonzalo
Palabras de caramelo
C
8
Satrapa, Marjani
Persépolis
C
8
Vasconcelos, J. Mario de
A miña planta de laranxa lima
G
7
Docampo, Xabier P.
Cando petan na porta pola noite
G
7
Fernández Paz, Agustín
Cartas de inverno
G
7
Castro, Fran
Chamádeme Simbad
G
7
Christie, Agatha
Diez negritos
C
7
Fernández Paz, Agustín
Cartas de invierno
G
7
Emmanuel Schimitt
El señor Ibrahim y las flores del Corán
C
7
Claudel, Philippe
La nieta del señor Linh
C
7
Spiegelman, Art
Maus
C
7
Calveiro, Marcos
O pintor do sombreiro de malvas
G
7
Villar, Domingo
Ollos de auga
G
7
Alonso, Fran
Poetízate
C
7
 

3/6/13

Materiais da VI Xornada dos Clubs de Lectura

Está xa dispoñible o espazo virtual no que imos ir subindo os materiais relativos á VI Xornada dos Clubs de lectura, celebrada en Santiago de Compostela o pasado 31 de maio. En canto estean dispoñibles tamén se subirán os vídeos das diferentes sesións. 
O enderezo é http://www.edu.xunta.es/biblioteca/redeBE/ e o acceso é libre (entrar como "convidado/a").

21/5/13

A videoconferencia: unha ferramenta útil para o club de lectura.


Encontro virtual con Fernando M. Cimadevila from Turo on Vimeo.

Ben porque os recursos son cada vez máis escasos, ben porque os autores non están tan accesibles como desexarían os lectores e as lectoras, ben porque están lonxe... a cuestión é que a videoconferencia pode ser unha opción barata e útil para manter un encontro coa escritora, co escritor do libro que vimos de ler. Velaquí o exemplo do Club de Lectura do CPI O Progreso, de Catoira. Trala lectura de "O mundo secreto de Basilius Hoffman", e despois dunha chea de actividades arredor das personaxes, contactaron co autor, Fernando M. Cimadevila, e mantiveron un encontro  a través de internet do que nos deixan ver un pequeno resumen. Atención ás recomendacións que Fernando fai a estes mozos e mozas ao final do vídeo!!!!

15/5/13

Programa da VI Xornada dos Clubs de Lectura





Programa da VI Xornada dos Clubs de Lectura, que terá lugar nas instalacións da EGAP (Escola Galega de Administración Pública), en Santiago de Compostela, o vindeiro 31 de maio. 
Unha oportunidade para o encontro, o intercambio de experiencias, a reflexión e o debate arredor das posibilidades do club de lectura como fórmula para a formación dos mozos e mozas en competencias clave para o cidadán do século XXI: comunicación lingüística, aprender a aprender, competencia informacional, autonomía e iniciativa persoal, competencia cultural e artística... entro outras. E tamén o club de lectura como lugar de convivencia, no que aprender a dialogar, argumentar, escoitar e respectar ao outro, en definitiva, construír espazos comúns de entendemento.

14/5/13

O que é un club de lectura??

 
As mozas e mozos do Club de lectura O LIBRAKO, do CPI Manuel Suárez Marquier, de O Rosal (Pontevedra), explican así o que significa para elas/eles participar no club de lectura do centro. 

7/5/13

VI Xornada dos Clubs de Lectura

O vindeiro venres 31 de maio celebrarase en Santiago de Compostela (nas instalacións da EGAP) a que será a VI Xornada dos Clubs de Lectura. Reuniranse as coordinadoras e coordinadores dos clubs de lectura que funcionan neste curso en 222 centros de ensino secundario de Galicia, ao abeiro da convocatoria da Dirección Xeral de Centros e RRHH para incentivar clubs de lectura no curso 2012/2013 (no contexto do programa HORA DE LER, para o fomento da lectura nos centros educativos). A xornada contará coa presenza de Gemma Lluch, especialista en literatura infantil e xuvenil, da Universitat de Valencia; Xose R. Lois, de Redelibros, e do escritor Marcos Calveiro. Tamén haberá ocasión para o intercambio de experiencias e unha mesa para a reflexión e o debate sobre as potencialidades do club de lectura e a súa contribución á adquisición de competencias básicas por parte do alumnado. Esta actividade, encadrada nos programas de bibliotecas escolares e fomento da lectura da Consellería de Educación, organízase en colaboración coa Rede de Formación do Profesorado (CAFI-Santiago), como actividade de formación.

19/3/13

Nova convocatoria "¿Que estás leyendo?"

Desde o 1 de marzo e ata o 30 de xullo de 2013 está aberto o prazo de inscrición no concurso ¿QUÉ ESTÁS LEYENDO? da OEI (Organización de Estados Iberoamericanos), destinado a recoñer blogues de lectoras e lectores de 12 a 15 anos. Estes blogues poden estar en calquera lingua dos estados membros (polo que o galego pode ter unha presenza activa), e poden realizarse de forma individual ou en grupo. É pois unha oportunidade para o alumnado dos clubs de lectura, que cómpre valorar. 

18/3/13

Libros que dan de si / clubs que dan que falar


O club de lectura do IES Val do Tea é un bo exemplo. O seu blogue Club de lectura BiblioTea demóstranolo en cada entrada. Agora, fáisenos máis evidente cando imos lendo as que aparecen arredor do libro Amor en Amman de Berta Vias Mahou, publicado por Anaya:
Unha maneira marabillosa de adentrarse nun libro, de facelo pedra de toque, protagonista e centro de interese da actividade.
A creación dun liberespazo propio, dunha constelación cultural, dun mundo.