Esta noticia que nos chega dosde a biblioteca do IES Lama das Quendas, de Chantada (Lugo), podería estar en primeira plana dos xornais se o mundo que vivimos fose outro, no que a prensa estivese máis atenta ás novas positivas relacionadas cos mozos e mozas, e tamén ás novas positivas que xenera o ensino público deste país. Este titular fala dun alumnado atento ás propostas do centro e sensibilizado pola lectura, pero fala especialmente dun profesorado comprometido profesional e socialmente co fomento da lectura e coa educación en definitiva. Obviamente, estes resultados non aparecen sen un esforzo continuado e sistemático, sen coñecemento das teclas que compre tocar para vincular ao alumnado á lectura. Parabéns!!!
Do galego "mancomunar": unir persoas, esforzos ou intereses para acadar un fin común.
1/10/14
15/9/14
Convocatoria en apoio dos clubs de lectura para o curso 2014/2015
Reunión do club de lectura do CPI de Xanceda (Mesía)
O Portal Educativo publica a Convocatoria de 23 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se incentiva o funcionamento de clubs de lectura en centros públicos de Galicia que matriculan alumnado de ESO, bacharaleto, formación profesional e ensinanzas de réxime especial. Esta iniciativa ten un orzamento global de 200.000€ e o prazo para a presentación de solicitudes remata o vindeiro 10 de outubro.
Etiquetas:
axudas,
clubs de lectura,
convocatoria
29/7/14
Resume dun ano de lectura: Club de lectura do CPI O Progreso
O club de lectura do CPI O Progreso, de Catoira (Pontevedra), edita un vídeo no que resumen as súas actividades durante o ano, e no que podemos escoitar da propia voz das lectoras e dos lectores o que significa para elas e eles estar, forma parte do club de lectura.
Etiquetas:
audiovisuais,
club de lectura,
lecturas,
vídeos
2/7/14
10/6/14
Materiais da VII Xornada dos Clubs de Lectura
NESTA LIGAZÓN están accesibles os materiais (presentacións, informacións de interese... ) relacionados coa VII Xornada dos Clubs de Lectura, celebrada en Compostela o pasado 6 de xuño de 2014, coa asistencia do profesorado que coordina os clubs de lectura en centros de ensino secundario de Galicia, ao abeiro da convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para o curso 2013/2014. En breve subiranse tamén a esta aula virtual do colectivo das Bibliotecas Escolares Galegas, RedeBE, os vídeos gravados durante a xornada.
Etiquetas:
club de lectura,
formación do profesorado
22/5/14
VII Xornada dos Clubs de Lectura
O vindeiro 6 de xuño reuniranse en Compostela os profesores e profesoras que coordinan os clubs de lectura nos centros de ensino secundario de Galicia. Centros que matriculan alumnado de ESO, bacharelato, formación profesional, ensinanzas de persoas adultas, escolas oficiais de idiomas e conservatorios de música. Arredor de 215 mediadores de lectura, comprometidos coa formación do seu alumnado e coa construción dunha sociedade lectora.
Ao abeiro da convocatoria de axudas a Clubs de lectura deste curso 2013/204, recibiron apoio un total de 209 centros, que contan na súa meirande parte con varios grupos de lectura. Un mínimo dun 25% destes centros teñen tamén un grupo de lectura de adultos, nos que participa profesorado, nais e pais e persoal non docente.
A VII Xornada dos Clubs de lectura servirá para afondar no coñecemento do papel do mediador e no perfil dos lectores que conforman estes grupos de interese arredor da lectura, os libros, o cine, a música e a cultura en xeral. Haberá tempo para debates arredor de temas como as narrativas transmedia, os clubs de lectura para adultos, en contexto educativo, os clubs temáticos en función dos xéneros ou as disciplinas e, tamén, as posibilidades desta fórmula para traballar a lectura co alumnado de necesidades educativas específicas. Acompañarán ao profesorado participante o especialista en temas de lectura, Luis González, da Fundación Germán Sánchez Ruipérez e o escritor Pedro Feijoo.
Etiquetas:
clubs de lectura,
formación do profesorado,
mediadores
28/4/14
"Siareiros da palabra" van contar aos pequenos do concello
No IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas, Pontevedra) funciona desde hai tempo o club de lectura Siareiros da Palabra. Da mesma forma que outros clubs, estes grupos de rapazas e rapaces lectores están a convertirse en "comandos" de intervención lectora, en dinamizadores da lectura no seu centro e no seu medio máis próximo, ben a través de lecturas públicas, de apadriñamentos lectores en centros de infantil e primaria ou en centros de maiores, entre outras actividades. Velaquí o exemplo destas mozas e destes mozos que prepararon detalladamente uns contos dos Irmáns Grimm, para ir representar e contar aos CRAs (Centros Rurais Agrupados) do concello. O éxito foi moito, segundo contan, e xa teñen novas solicitudes. + información AQUÍ
Etiquetas:
clubs de lectura,
colaboración,
lecturas compartidas,
narración oral
21/3/14
Concurso "¿Qué estás leyendo?" da OEI
A Organización de Estados Iberoamericanos publicou xa a convocatoria do concurso ¿Qué estas leyendo? correspondente ao ano 2014. Nesta ocasión, convidan aos lectores e ás lectoras de entre 15 e 17 anos, para que inscriban blogues persoais, arredor dos libros e das lecturas, neste concurso que ten como premio unha viaxe a Bos Aires, onde se realizará un encontro con todos os galardoados dos diferentes países iberoamericanos. Unha ocasión única para compartir experiencia lectora con outros rapaces e rapazas. Os bloques poden estar en calquera das linguas oficiais, dos países participantes na OEI polo que o galego podería estar presente tamén neste encontro, pois ao igual que este ano 2013, agardamos que a participación galega sexa alta. O prazo de inscrición remata o 30 de xullo.
En efecto, o pasado 19 de marzo fíxose entrega en Compostela dos premios queestasleyendo.org aos blogues gañadores e finalistas do Estado Español na convocatoria 2013. Tanto os gañadores como 4 dos 10 blogues finlistas eran galegos.
Esta convocatoria é unha oportunidade para que os rapaces e as rapazas dos clubs de lectura, xa suficientemente motivados, poidan poñer en marcha unha iniciativa persoal (ou grupal) que sirva de plataforma para a expresión da súa creatividade tanto na escrita como no audiovisual, tendo sempre como fondo os libros e as lecturas, pero tamén a música, o videoxogo, o cine...`É oportunidade tamén para desenvolver competencias dixitais e de produción de información (ALFIN en estado puro).
Etiquetas:
ALFIN,
concursos,
fomento da lectura,
lectores
11/3/14
Os clubs de lectura amplían oferta...
Os clubs de lectura dos centros de ensino de Galicia levan xa un certo percorrido e con el, van gañando experiencia e seguridade para abrir xanelas a novas formas de gañar lectores. Velaquí o exemplo da biblioteca do IES Xograr Afonso Gómez, de Sarria, Lugo. No blogue da biblioteca podemos ler a seguinte proposta:
Este ano plantexamos dúas propostas ben distintas;
- Unha lectura pensada para ser compartida entre país/nais/fillos/profesores, con finalidade reflexiva e sensibilizadora sobre temas educacionais e relacionais (en este caso o acoso escolar). O libro escollido foi Sin vuelta atrás do escritor Jordi Sierra i Fabra.
- Unha serie de obras sobre distintas temáticas co único obxectivo de disfrutar do pracer de lectura:
A nosa
biblioteca conta con varios exemplares que poden ser levados en préstamo
polos interesados en participar nesta actividade.
As
actividades da sección de adultos non son presenciais e consisten
fundamentalmente na lectura individual do libro seleccionado e no
posterior intercambio de impresións sobre esa lectura. Para aportar
esas reflexións de cada un dos lectores hai tres vías:
- Facer chegar os comentarios á biblioteca do Xograr (portería, buzón de suxerencias da biblioteca, correo postal, etc)
- Vía online no propio blog da biblioteca (http://biblioxograr.wordpress.com/) facendo un comentario ao final deste artigo. (Deixar un comentario)
- Vía escrita, facéndonos chegar os comentarios ou a proposta de novas lecturas
Etiquetas:
adultos,
club de adultos,
clubs de lectura,
recursos TIC
30/1/14
Twitter de Bibliotecas Escolares de Galicia
Os clubs de lectura van á radio http://t.co/bK6fF46We3 #bescolaresgal #clubsdelectura
— Asesoría bibliotecas (@bescolaresgal) January 30, 2014
Co nome @bescolaresgal, a Asesoría de bibliotecas escolares abríu conta en Twitter e alí imos dando noticia do que se vai facendo, pero tamén informacións varias relacionadas coa lectura, coas bibliotecas, coas recursos dixitais, coa educación en definitiva.
Etiquetas:
bibliotecas escolares,
twitter
Os clubs van á radio
Un exemplo máis de como os clubs de lectura están ampliando actividade e sementando lecturas polo país adiante. Desta vez son as alumnas do Club de Lectura CORISTRANCA (Un club de lectura con retranca), do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco (A Coruña) as que aproveitan as posibilidades da radio, e neste caso da emisora CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña.
No blogue do club de lectura temos toda a información sobre este club, e nesta ligazón, o podcast desta emisión radiofónica, fermosísimo momento de exaltación e de vivencia gozosa da lectura. Absolutamente recomendado!
Club de lectura de adultos no CEIP A Gándara
Coma en moitos outros centros, no CEIP A Gándara, de Monforte, existe un club de lectura no que participan profesorado e famillias (e polo que vemos na imaxe, principalmente nais e profesoras). No seu blog podemos ver a programación de lecturas que teñen para os vindeiros meses e tamén lemos que algúns membros do club, inda que non poden asistir ás reunións, si queren participar das lecturas. Un xermolo máis de sociedade lectora agromando en Monforte de Lemos!!
Etiquetas:
club de adultos,
clubs de lectura,
familias lectoras,
lectura,
lectura e familias,
libros,
primaria
20/12/13
Resolución da convocatoria de clubs de lectura. Curso 2013/2014
A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos publica hoxe, 20 de decembro, no Portal Educativo, a resolución da convocatoria para incentivar clubs de lectura en centros de ensino secundario de Galicia, correspondente ao curso 2013/2014. Un total de 209 clubs reciben axuda para o seu funcionamento.
Etiquetas:
axudas,
clubs de lectura
9/12/13
O que se le nos clubs de lectura importa
A información sobre os libros e os autores máis lidos nos clubs de lectura dos centros de ensino secundario de Galicia tivo repercusión en distintos medios.
Coristranca, a lectura con retranca.CPI Alcalde Xosé Pichel (Coristanco): Os 50 títulos máis lidos nos clubs de lectura.
Ou tamén vemos no twitter de Fran Alonso:
Parabéns a @AFernandezPaz e moitísimas grazas a todo o profesorado que traballa cos meus libros nos clubs de lectura http://t.co/rsU3WJ1OGN
— Fran Alonso (@franalonso) December 5, 2013
Etiquetas:
clubs de lectura,
libros
4/12/13
Lecturas en distintos idiomas
Sumadas as lecturas, en función do idioma, feitas polos grupos de lectura dos 222 centros de ensino secundario que tiveron club de lectura no curso 2012/2013, velaquí os datos:
Etiquetas:
clubs de lectura,
galego,
lecturas,
libros
Os 50 títulos máis lidos nos clubs de lectura 2012/2013
Velaquí os 50 títulos que máis se repiten nos clubs de lectura dos centros de ensino secundario de Galicia, trala lectura das memorias correspondentes ao curso 2012/2013.
Etiquetas:
clubs de lectura,
lecturas,
libros
Autoras e autores máis lidos nos clubs de lectura 2012/2013
Velaquí os 35 autores máis lidos (con distintos títulos) nos clubs de lectura que funcionaron nos centros de ensino secundario de Galicia durante o curso 2012/2013.
Etiquetas:
autores,
clubs de lectura,
libros
22/11/13
Impacto dos clubs de lectura. Un exemplo
O Club de lectura "Ai, Ptolomeo, tolo meu" do IES Otero Pedrayo, de Ourense, é un club de lectura temático, asociado ao Departamento de Filosofía do centro e máis concretamente ao profesor de "Filosofía da Ciencia e da Tecnoloxía". Ten xa unha traxectoria de cinco anos. O seu coordinador, José Luís Martínez Costas, explica algúns dos logros do club, entre outros ter espertado o interese de profesorado, alumnado e pais e nais do centro. Pero, ademais dos alto nivel que acada o alumnado nos comentarios e recensións dos libros lidos, o coordinador do club achaca ao éxito do mesmo " que a asignatura-fonte do club (Filosofía da Ciencia e da Tecnoloxía) se converta nunha asignatura moi solictiada entre os alumnos de 2º de Bacharelato".
Informa, por outra parte, que "o club está fornecendo coas súas lecturas "unha sección especializada na biblioteca, sección que trata de unir cuestións científicas, sociais, políticas, históricas e filosóficas, introducindo ademais formatos moi actuais como o da banda deseñada."
Esto último é un camiño que poden facer as bibliotecas dos institutos, un camiño de futuro: a especialización nalgunha temática, de forma que pode ser referencia na zona, dotar de valor engadido á biblioteca do centro e contar cun material de interese para o intercambio bibliotecario con outros centros.
Etiquetas:
clubs de lectura,
filosofía,
iniciativas de interese,
seccións temáticas
21/11/13
Un novo recurso para os clubs de lectura

Dende a Subdirección Xeral de Bibliotecas,
infórmannos das últimas novidades editoriais adquiridas para
incrementar os fondos dos clubs de lectura. Pódese
consultar a lista completa dos lotes que xestionan dende a Biblioteca
de Galicia no seguinte enderezo:
http//bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/clubs-de-lectura
Neste mesmo enlace infórmase do procedemento a seguir para solicitar os lotes de libros.
Entre as novidades no catálogo da Biblioteca de Galicia-Clubs de lectura figuran varios cómics de interese:
CÓMIC (15 exemplares)
- Davodeau, Étienne. Los ignorantes (na imaxe)
- Miller, Frank: Daredevil: Born again
- Moore, Alan ; Ha, Gene: Top 10
- Otomo, Katsuhiro: Pesadillas
- Busiek, Kurt ; Ruth, Greg: Conan la leyenda O nacido en el campo de batalla
Para consultar a lista completa dos títulos de clubs de lectura de
todas as bibliotecas públicas municipais cómpre enviar un correo a
bforum@coruna.es coa petición de que se quere consultar a devandita relación.
Etiquetas:
banda deseñada,
clubs de lectura,
colaboración entre bibliotecas,
cómic,
libros
19/11/13
Presentación de libros en librarías, coa presenza de alumnado
Esta é a nota informativa de editorial:
"O mércores, 20 de novembro, ás 12:00 horas, na libraría Couceiro, praza de
Cervantes, 6 de Santiago, terá lugar a presentación do libro Ámote Leo A.
Destino xalundes de Rosa Aneiros.
No acto participarán Manuel Bragado, Rosa Aneiros e contará coa colaboración
especial de alumnos e alumnas do IES Eduardo Pondal de Santiago, acompañados
pola profesora Mercedes Espiño."
A presentación de libros está a sufrir cambios de interese.
Nuns casos, pasan a ocupar novos lugares como as bibliotecas escolares.
Noutros, como o que nos ocupa, pasan a convidar novo público.
Son estas fórmulas necesarias para vitalizalar as presentacións e darlle novos pulos. E virán outras, virán aquelas nas que o alumnado acuda a presentacións fóra de hgorario lectivo, porque a ligazón entre educación e cultura se faga máis forte.
8/11/13
CLUBS DE LECTURA E ROTEIROS LITERARIOS
Pódese ler sentada, tamén deitado. Pódese ler de pé e tamén camiñando.Nos roteiros literarios faise iso: lése de camiño que se pasea. Cada pobo debería ter un roteiro literario, qué menos?
Castelao por Pontevedra, da man do Club de Lectura Caderno do Lérez (IES A Xunqueira II)
Castelao por Pontevedra, da man do Club de Lectura Caderno do Lérez (IES A Xunqueira II)
Etiquetas:
club de lectura
7/11/13
6/11/13
Razóns para formar un club de lectura
"A iniciativa parte da convicción de que a lectura constitúe un factor primordial para o desenvolvemento das competencias básicas (...). O feito de que o alumnado adquira o hábito lector favorece o desenvolvemento da súa competencia literaria e o manexo da información dende o punto de vista crítico. Por iso, esta iniciativa forma parte dun proxecto máis global onde a biblioteca ten o papel protagonista, queremos ter máis e mellores usuarios e pensamos no club de lectura como unha das actividades que máis e mellor forman lector@s. A biblioteca concibímola como un centro de recursos dinámico, plenamente integrado na vida do centro, que facilita o acceso a documentos de contido diverso e en soportes variados (...). É neste contexto que se desenvolven as actividades do Club Lector.
O noso obxectivo fundamental é o de promover o pracer da lectura entre o noso alumnado adolescenbte, potenciar o acto lector como unha actividade pracenteira e enriquecedora. É por isto que ademais da dimensión individual que todo acto de lectura ten, queríamos engadirlle a riqueza que supón compartir con outras persoas esa experiencia e transformala nunha experiencia de grupo que permitira compartir diversos puntos de vista, distintas visións e intereses. Sentirse vencellado con outras persoas a través dos libros e das lecturas parecíanos ademais de moi interesante para os adolescentes que, neste momento vital, necesitan experiencias nas que os vencellos co grupo son moi importantes.(...)
CPI Progreso de Catoira
Etiquetas:
club de lectura,
Memorias
5/11/13
Agradecementos, dentro do club de lectura.
Colaboración entre clubs: IES Losada Diéguez / Frei Martín Sarmiento
"Quero agradecer a todos eles a súa participación, en especial a .... que "dixo que si sen preguntar para que", aos moderadores, polo seu esforzo adicional nestes momentos nos que atopar un oco é tarefa imposible; e aos rapaces e rapazas por non decaer nesta actividade, aínda cando os exames e os traballos apretaban ben.
(...)
Quero agradecer a oportunidade de ter sido a coordinadora dos clubs este curso, pois a experiencia humana vivida superou con creces as miñas expectativas. Agardo que outros teñan a sorte e as ganas para continuala"
Farolendo. IES Faro das Lúas (Vilanova de Arousa)
Etiquetas:
clubs de lectura,
lecturas
4/11/13
O club de lectura crea expectación
CPI O Progreso de Catoira
"Hai que incidir na importante expectación que se creou no novo grupo de 1º de ESO que acababa de chegar ao centro; preguntaban qué había que facer para formar parte do club de lectura, xa antes de que se fixese a presentación da actividade por parte do equipo de biblioteca, na charla inicial que se realiza cos pais e nais do alumnado. Dado que para todos eles era a súa primeira vez nun club de lectura, coñecían a súa existencia polo boca a boca dos seus irmáns e outros alumnos do centro, o que quere dicir que a actividade está consolidada e recoñecida como algo positivo entre o alumnado."
Club "A praia das palabras" IES de Vilalonga (Sanxenxo)
Etiquetas:
club de lectura,
Memorias
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








