O mércores 25 de xuño celebrarase en Santiago de Compostela, nas instalacións da EGAP (Escola Galega de Administración Pública), a primeira XORNADA DE CLUBS DE LECTURA, destinada ao profesorado que coordina clubs de lectura en centros de ensino secundario de Galicia. O profesorado participante será convocado directamente desde a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa (Asesoría de Bibliotecas Escolares), en datas próximas.
O deseño da actividade contempla a presentación de experiencias significativas de clubs de lectura con actividade neste curso 2007/2008, así como a presencia de especialistas neste ámbito como Blanca Calvo e Pep Bruno.
5 comentarios:
Só quero comentar a imaxe escollida para esta entrada.Fermosísima!!!.Impactante a sinxeleza e dignidade dese cardo.Noraboa a quen seleccionou a fotografía.
graciñas de parte de quen a fixo, no mes de xuño, nun campo de Salamanca, hai catro anos, e quen a elixiu como símbolo do que está a ocorrer cos clubs de lectura neste país...
Poderiamos asistir responsables de biblis que aínda non temos club de lectura pero estamos pensando nisto para o curso que ven?
Susana
IES F.Bouza Brey
Vilagarcía
En principio temos as prazas limitadas... se quedasen vacantes, rendabilizaríamolas... Ponte en contacto coa asesoría
Grazas por permitirnos un lugar e un tempo para aprender sobre esta aventura que son os clubes de lectura. Seguro que nas conferencias e nos cafés tomaremos nota de propostas para levar a cabo no futuro.
Mayte Leis
Publicar un comentario