Desde o club de lectura LeMos, do IES de Mos, achégannos unha crónica realizada por un dos seus integrantes, Xacobe, alumno de 2º de bacharelato:
O 28 de Xaneiro, grazas á labor do club de lectura LeMos, poidemos asistir a un interesante coloquio co tantas veces galardoado e sobranceiro escritor das letras galegas Antón Riveiro Coello. Con simpatía e amenidade, o autor de obras como A quinta de Saler ou Valquiria, presentou na biblioteca do IES de Mos unha das súas obras máis afamadas e que fora proposta como lectura neste club literario, As Rulas de
Bakunin. Enmarcada na Guerra Civil, Coello, trasládanos ao universo do anarquismo máis galego todo isto mesturado cunha sensibilidade amorosa engaiolante. Tanto é así que estudantes do propio IES, alleos ao club de lectura, asistiron a este evento coa intención de coñecer ao autor dunha obra que por vibrante e sutil fai que as páxinas avancen sen que o lector se dea de conta. Como tampouco se deron de conta de que a tarde pasaba e a conversa non remataba e que as preguntas sobre a obra seguían aparecendo. Así transcorreu unha tarde, das mellor invertidas, das persoas alí presentes. Concluindo, a este improvisado cronista non lle queda máis que agradecer de novo a LeMos o pulo que supoñen este tipo de organizacións para o recoñecemento da literatura en galego e a Riveiro Coello a súa asistencia e agradable compaña naquela tarde chuviosa e anárquica.

Tamén informan de dúas opinións de dous dos escritores que visitaron o club de lectura.
1 comentario:
ola sonAna e gustariame volver participar no voso club de lectura porfavor chamademe cando haxa algunha reunion pra min e moi importante porque me gusta moito ler. un biko e un saudo pra ana que me cae moi ben e tamen para mari carmen porfavor suplicovos que me avisedes.
Ainda que xa non estude nese instituto nunka vos olvidarei.
Publicar un comentario