"O noso obxectivo segue a ser obvio e modesto: gozar coa lectura. A observancia estrita deste único "mandamento" do noso club e considerando que a pertenza a el é absolutamente libre e voluntaria -e que tamén o é a participación nas actividades paralelas- axúdanos a conseguir esa meta. Por suposto, a través dese goce ímonos facendo lectores cada vez máis conscientes, máis esixentes e máis críticos. Tamén procuramos compensar a tendencia a continuar un mesmo tipo de lectura ou esgotar unha saga, cunha certa variedade na escolla das obras. Así, damos entrada nas nosas listaxes aos distintos xéneros para abrirmos o campo das lecturas."
1 comentario:
Destacaría da entrada a liberdade e o voluntariado, o feito do gozo da lectura que nos conduce a formación do espírito crítico que tanta falta nos fai nestes tempos.
Publicar un comentario