O vindeiro 9 de xuño celerarase en Santiago de Compostela (Palacio de Congresos) a V Xornada dos Clubs de Lectura, organizada pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (a través da Asesoría de Bibliotecas Escolares) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Desde o curso 2007/2008, este departamento de Educación contempla, dentro do programa HORA DE LER para fomento da lectura en centros de ensino, unha convocatoria de axudas para incentiva o funcionamento de clubs de lectura en centros de ensino públicos que matriculan alumnado de ensino secundairo, bacharelato, formación profesional, educación de persoas adultas ou ensinanzas de réxime especial (escolas de idiomas, conservatorios...).
No presente curso 2011/2012 hai 215 centros destas características que contan cun club de lectura, que pode estar constituído por un ou por varios grupos de lectores. Preto dun 25% destes clubs contan tamén cun grupo de lectura de adultos, no que participan pais, nais, exalumnos, profesorado e mesmo persoal non docente.
Desde o comezo desta iniciativa, organizouse unha xornada formativa e de intercambio de experiencias entre os coordinadores e coordinadoras destes clubs. Nesta ocasión ábrese á posibilidade a alumnado e asistentes aos grupos de adultos para que poidan participar tamén neste encontro. Será unha oportunidade para que persoas chegadas de distintos puntos de Galicia poidan intercambiar a súa experiencia nos clubs de lectura, coñecer as actividades que se están a levar a cabo, principalmente de intercambio entre distintos clubs, roteiros literarios, etc. Haberá obradoiros para os mozos e mozas lectores, conferencias, unha mesa sobre "a experiencia lectora a través do club" (con representación dos distintos sectores) e reunións por perfís de asistentes para debatir sobre "o club de lectura como fórmula para construírmonos como lectores". En total, está prevista a asistencia de 400 persoas. A V Xornada dos Clubs de lectura conta é unha actividade cofinanciada co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, en virtude do convenio asinado en 2011 para o programa Leer para aprender.
PROGRAMA
PROGRAMA
No hay comentarios:
Publicar un comentario