Non é a primeira vez que se atopan as lectoras e lectores destes clubs, nunha xornada de convivencia e de lecturas. Desta vez xuntáronse no concello de Poio os mozos e mozas destes clubs (A pedra do acordo, do IES San Paio, de Tui; Biblioribeira, do IES Ribeira do Louro, de O Porriño e Os Trasnos dos libros, do IES DE Poio, que exercían de anfitrións. Visitaron, entre outros lugares, o mosteiro de Poio, a vila de Combarro e a biblioteca do IES de Poio, sede dos "Trasnos dos libros". No blogue destes últimos podemos ver varias entradas referidas a este encontro e disfrutar canda eles desta posta en valor do feito de ler. Os clubs de lectura están favorecendo realidades coma esta nas que se desmontan tantos e tantos conceptos falsos arredor dos intereses de mozos e mozas. Todo isto é posible grazas ao seu entusiasmo e participación, pero especialmente grazas ao compromiso profesional e social dos profesores que coordinan estes clubs, e que deseñan e botan a andar este tipo de actividades: Paz, Xose María e Anxos. Parabéns!
No hay comentarios:
Publicar un comentario