Co gallo do 23 de abril, Día Mundial do Libro, o Portal Educativo publica a resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se fai pública a concesión do Premio dos Clubs de Lectura 2016 á escritora Ledica Costas.
Este galardón, creado no ano 2015, busca o recoñecemento das autoras e autores galegos que poñen a disposición dos mediadores de lectura textos de interese que serven para estimular a lectura en galego entre os máis novos. Téñense en conta, para a concesión, os datos recollidos das memorias dos Clubs de lectura correspondentes ao ano anterior, e que xa se fixeron públicas neste blogue. Na primeira convocatoria foille entregado o Premio dos Clubs de Lectura a Agustín Fernández Paz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario