Do galego "mancomunar": unir persoas, esforzos ou intereses para acadar un fin común.
26/9/11
MEMORIAS DOS CLUBS: IES de Catabois
22/9/11
MEMORIAS DOS CLUBS: Colegas das palabras do IES Julio Prieto Nespereira
19/9/11
MEMORIAS DOS CLUBS: Camiños do IES Luís Seoane
“Aquí, entre todos os que estamos, descubrín que a lectura me fixo distinta. Non digo que mellor, só distinta e capaz de comprender moitas cousas que non comprendía”.
“O impulso do Club de Lectura fíxome capaz de compartir coa miña nai lecturas. Ela sempre foi afeccionada á lectura e sentíase doída porque eu lía pouco. Agora está moi contenta e eu tamén.”
“Aquí todo son gabanzas pero moitos seguimos sendo tan vagos coma sempre. A min sempre me gustou ler pero non estudar e segue sen me gustar.”
Camiños recibe o seu nome da convición de que “os libros abren mil camiños, camiños que nunca se acaban, e polos que se debe viaxar, poñer as pegadas nas páxinas que marcan os rumbos e os sendeiros que levan a todos os países, a todas as almas e a todas as situacións imaxinadas e contadas."
16/9/11
MEMORIAS DOS CLUBS: TUGA - LENDO - LUGO

Entre os desafíos para o próximo curso, o club TUGA – LUGO – LENDO proponse enviar un correo a todos os departamentos de portugués das EOI para animalos á creación de clubs de lectura en portugués, e de ser posible, tentarán establecer contacto con algún club de lectura en Portugal, co que se reunirían para debater arredor dunha mesma obra.
Parabéns pola claridade da mirada e ánimo para percorrer ese camiño!
15/9/11
MEMORIAS DOS CLUBS: As catro esquinas do quinto
En “As catro esquinas do quinto” coméntase“(...) Este ano non puidemos asistir ás Xornadas – terapia (por causas totalmente alleas) que sempre traen un pouco de ánimo, moitas ideas e sentimentos de grupo, folgos tan necesarios para poder seguir adiante. Pero o certo é que,este ano,a nosa actitude de ánimo débese aos rapaces. Son eles os que nos fixeron non dubidar do noso traballo.
Explícome. Todo comezou o último día de curso 2009-2010, cando levamos aos máis pequenos do club á praia. Non se me pode esquecer o seu descaro ó ler, en medio dunha praia chea de xente, os seus poemas preferidos do mar (alucinante as súas escollas). Xa de camiño á casa, dinme conta do moito que merecían eses rapaces e rapazas que xa falaban emocionados dos proxectos do curso seguinte: se facer teatro, se ler non sei que cousa, se ir non sei onde a ler non sei que... Eles estaban a organizar de novo algo que nós,neses intres,pensabamos que se estaba a desfacer. E o certo é que eses pequenos demostraron este curso que non facían castelos no aire naquel autobús de volta da praia, levaron a cabo moitas das súas ideas, currando, lendo, falando..., un grupo excepcional. (...)
(...) non tivemos que tirar do club, o club tirou de nós. Parece que a semente está a dar un bo froito.”
14/9/11
MEMORIAS DOS CLUBS: Covaterreña
- Fomentar o hábito lector entre o alumnado
- Aumentar o pracer da lectura mediante a comparación e contraste da experiencia lectora
- Impulsar o interese por expresar as ideas e sentimentos propios nacidos da lectura de distintos textos.
- Potenciar a capacidade crítica e argumentativa diante doutras persoas mediante o comentario dirixido.
- Apreciar o valor estético da literatura e a súa función como vehículo transmisor de ideas, coñecementos e expriencias.
- Ampliar a riqueza expresiva no ámbito da oralidade.
- Utilizar a biblioteca como lugar de convivencia.
- Utilizar as TIC para crear e interpretar textos.
E, a modo de conclusión,... “o club funcionou como un elemento integrador para alumnado de diferentes niveis educativos”.
13/9/11
MEMORIAS DOS CLUBS DE LECTURA: Fendetestas (2)
- Suliñar o carácter socializador e lúdico da actividade de ler e de falar sobre o que se leu.
- Contribuír, con iso, á formación integral dos individuos lectores.
- Perfeccionar as súas competencias básicas.
- Fomentar o traballo coas habilidades comprensivas, expresivas e documentais.
(...)
E xa para rematar, unha vez máis, os profesores que organizamos a actividade do club de lectura Fendetestas queremos deixar constancia do que nos fai medrar, non só como profesionais, senón como persoas, a participación nesta comunidade na que o interés común é ler para compartir, para coñecer e para coñecerse mellor. Sobre nós sobrevoa a voz do irrepetible Borges, quen con acerto dicía: “Uno llega a ser grande por lo que lee y no por lo que escribe.”
12/9/11
MEMORIAS DOS CLUBS: Fendetestas do IES de Curtis
9/9/11
MEMORIAS DOS CLUBS: Siareiros das palabras do IES Pedras Rubias
8/9/11
MEMORIAS DE CLUBS: Na Estrada - 525 (2)
(...)
Posto que as reunións se celebrarían fóra do horario lectivo, entregóuselles unha folla para que a cubrisen os seus titores legais, e coa que os autorizaban a participaren nesta actividade.
Nesa primeira reunión tamén se lles amosou o blog do noso Club. (....)
Regalóuselle a libretiña a cada un dos participantes para que fosen tomando note das súas descubertas, dos proxectos de lectura, dos borradores para os comentarios no blog..."
MEMORIAS DE CLUBS: Na estrada - 525

(...)
A comodidade coa que se sentían todos os membros dentro do club posibilitou comentarios moi persoais e interesantes sobre a experiencia lectora e a personalidade de cada un de nós. Ao final, todos e cada un dos participantes coñecían os gustos e preferencias dos demais."
7/9/11
MEMORIAS DE CLUBS: O Segrel do Penedo (2)
“Este curso, o mesmo que os pasados, seguimos a utilizar o servizo de préstamos interbibliotecarios a través de “Libros a eito” con distintas bibliotecas escolares como o CEIP Recimil (ferrol), CEIP Os Casais (Fene), CEIP O Ramo (Fene), CEIP Centieiras (Fene), IES Catabois (Ferrol), IES Sofía Casanova (ferrol), IES Fernando Esquío (Ceda), IES Pedra da Aguia (Camariñas), IES de Mugardos (Mugardos), IES Vilar Ponte (Viveiro e IES Neira Vilas (Oleiros).
Quixéramos facer fincapé no positivo desta experiencia, porque non só se trata de optimizar recursos, co que isto implica de darnos a posibilidade de facer máis lecturas das que nun pricipio nos permiten os fondos obtidos a través da convocatoria de Clubs de Lectura, se non que nos dá a oportunidade de compartir lecturas con membros de clubs amigos e mesmo de organizar actividades conxuntas ou paralelas.”
6/9/11
MEMORIAS DE CLUBS: O Segrel do Penedo

A marabillosa carta de despedida da avoa que formaba parte do club e que o abandona por motivos de saúde.
O feito de ser os “culpables” de que nais e fillas poidan compartir gustos, espazos, momentos…
“Normalmente é ela quen me recorda que teño club de lectura e teño que darlle explicacións se por algún motivo non podo asistir. Sempre me comenta o que fan el@s no seu”
O orgullo de ser os artífices de que algúns dos membros do club lean en galego.
“Perderllo o medo a ler unha obra en galego”; a partir de aí, decidiu matricularse nun curso de galego “para poder ler as novelas sen dificultade”.
Que algúns dos membros do club se acheguen a obras que noutras circunstancias nunca terían lido.
“Facer lecturas de libros que nunca se me ocorrería ler”
Que haxa quen se engancha á lectura de tal xeito que…
“Anteriormente non. Agora mesmo participo noutro club de lectura na biblioteca de Ares, que tamén é moi interesante.”
Que haxa quen consigue, a través do club, poder compartir gustos e afeccións.
“Sobre todo compartir cos demais o gusto pola lectura, cousa que no meu ambiente habitual non acostumaba facer.”
O feito de que o nosos club sexa quen de facerlle perder público á TV.
Que pais e nais asuman que formar parte do club é un xeito de implicarse na vida do centro.
(…)"
5/9/11
Memorias de clubs de lectura: Balbordo
Do apartado de conclusións, recollemos:1/9/11
Convocatoria en apoio dos Clubs de Lectura - 2011/2012
O Portal Educativo da Consellería de Educación e O.U. publica, con data 1 de setembro, a convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos destinada a incentivar a actividade dos Clubs de Lectura en centros públicos de ensino secundario, correspondente ao curso 2011/2012, no contexto do programa HORA DE LER, para o fomento da lectura en centros de ensino. O prazo de presentación de documentación remata o 20 de outubro.
21/7/11
Da memoria dun club de lectura
A educación impregnándoo todo..."(...) O elemento gastronómico, o doce caseiro compartido ao comenzo das xuntanzas, continúa tendo a súa importancia na dinámica dos clubs, e xa empezamos a poensar en elaborar o noso recetario de sobremesas para clubs. A modo de anécdota comentar que este curso unha das nenos dos clubs era celíaca, polo que tras a primeira xuntanza na que descoñecíamos ese feito, pasamos a aportar doces sen gluten e a descubrir a grande variedade de posibilidades que podíamos ofertar. Foi moi gratificante para esta nena e moi interesante para todos os demais. Nas comidas dos clubs adoptouse de xeito espontáneo o costume de que sexan os nenos ou as nenas, e non as profesoras, quen aporten os doces. Queremos destacar o valor destes pequenos detalles no funcionamento dos clubs, pois lles confiren ese carácter de complicidade, de grupo de iguais gozando xuntos dunha afección común, que é un dos obxectivos fundamentais da actividade."
Trátase dos clubs "Os Artistas lectores" e "A Cabana dos Libros" nos que aprticipan trinta e dous alumnos e alumnas do CEP Brea Segade de Rianxo
13/7/11
Dous clubs de lectura en videoconferencia
1/7/11
Roteiro pola Ribeira Sacra lembrando Lois Pereiro
29/6/11
ACTIVIDADES CONXUNTAS DUNS CLUBS CON OUTROS
24/6/11
Roteiro literario pola Devesa da Rogueira
12/6/11
IV Xornada dos Clubs de lectura. Materiais
Neste enlace están dispoñibles os materiais da IV Xornada dos Clubs de Lectura, celebrada o pasado venres 10 de xuño, en Santiago de Compostela, coa asistencia de 205 profesores e profesoras de toda Galicia que, no presente curso, coordinan clubs de lectura en centros de ensino secundario e de réxime especial (acceder como "convidado")
Están tamén dispoñibles, no mesmo enderezo, os vídeos das diferentes sesións.
Algúns dos blogues que informan tamén:
Os trasnos dos libros
Vídeo resume:
24/5/11
Proxecto europeo e-twinning para COMPARTIR LECTURAS

Do Club de lectura do IES de Poio chéganos unha información da que entresacamos o seguinte texto:
Durante este curso académico o noso grupo de 1º de bacharelato de Club de lectura está desenvolvendo un proxecto europeo e-twinning centrado en COMPARTIR LECTURAS cun grupo da mesma idade do Lycée Maurice Ravel de Paris.
As tarefas permítenlles formarse como lectores activos xa que simultaneamente reciben e xeran informacións, adquiren e intercambian coñecementos lingüísticos das súas respectivas linguas e practícanas.
Consideramos moi innovador dende o punto de vista pedagóxico a interacción no proceso de ensino-aprendizaxe entre alumnos franceses e españois, eles son os receptores e a un tempo os directores do proceso; o profesorado só coordina, o alumnado interactúa, prepara os seus materiais, realiza as lecturas, elabora e publica os seus comentarios nos blogs, paralelamente son os correctores dos seus propios compañeiros e dos compañeiros europeos a través do chat do twinspace.
Tambien resulta novidoso que o intercambio de contidos literarios, lingüísticos, etnográficos, culturais se realice por medio de medios dixitais e de soportes como presentaciónes, vídeos, revistas creadas en: Power-point, Calaméo, Animoto, Prezzi, etc medios que nos axudan a salvar barreiras xeográficas doutra manera insalvables.
As coordinadoras seleccionan as lecturas de cada trimestre adecuándoas ao nivel de francés-español do alumnado, escollen e organizan as tarefas a realizar durante este, deciden as linguas a empregar dependendo do contexto comunicativo: así os alumnos franceses usan o español en todas as lecturas, nas tarefas e no chat, e o francés para corrixir os seus colegas españois; os alumnos españois usan o galego nas súas lecturas, o español para as súas tarefas e para corrixir aos seus compañeiros franceses, utilizan o francés nas súas publicacións e no chat.
Dependendo das datas senaladas en cada país – celebracións académicas, festividades populares…- publicáronse presentacións de imaxes: O ano novo chino en París, o entroido en Galicia, celebramos conxuntamente o Día da Poesía coa creación e intercambio de pequenos poemas (haikus), o alumnado escolleu este subxénero poético en homenaxe ao pobo xaponés. Lembramos tamén a poetas españois nas datas sinaladas. Traballamos a historia dos nosos países a través das nosas lecturas, en concreto a Guerra Civil española cos poemas de Miguel Hernández y la novela de Manuel Rivas “El lápiz del carpintero”, por este motivo enlazamos en nuestro espacio la exposición de la Biblioteca Nacional sobre Miguel Hernández. Traballamos o cine co visionado de filmes sobre as nosas lecturas (“El lápiz del carpintero”) e o comentario dos mesmos y música escoitando poemas musicados de autores como Miguel Hernández.
20/5/11
Haikus no CPI Tomás de Lemos (Ribadavia)

Do texto que presenta o libro editado, salientamos:
A realización desta primeira experiencia de achegamento á poesía Haiku tivo lugar no CPI Tomás de Lemos de Ribadavia (Ourense) durante o curso 2010 – 2011, e foi promovida polo club de lectura do centro. En colaboración cos departamentos de Ciencias Sociais, Plástica e as diferentes linguas, o club de lectura propuxo aos alumnos un concurso de Haikus. A finalidade era que os alumnos que estudaban os elementos da paisaxe e a climatoloxía (na materia de Xeografía) realizasen un achegamento sensorial, emocional e sentimental á paisaxe, máis alá dos elementos físicos. Consideramos que o haiku era unha forma especialmente axeitada para conseguilo. Un haiku é unha composición poética tradicional do Xapón. Ten tres versos sen rima, cunha extensión de cinco, sete e cinco sílabas . A temática aborda a natureza, o paso do tempo e as emocións. Para a súa realización procedeuse ao reparto das normas que deben seguirse na composición dos haikus. Estas han de ser moi sinxelas: Realización de tres composicións de tres versos cada unha; Os versos terán que ter 4 – 6 sílabas o primeiro e terceiro, e 7 – 9 o segundo; Nun dos versos terá que aparecer unha referencia ás estacións ou ao paso do tempo, noutro unha referencia á paisaxe.... Entregouse ao alumnado un alfabeto katakana (un alfabeto de ideogramas xaponeses coas súas equivalencias fonéticas no noso idioma), para que realizasen a transcrición fonética aproximada das súas composicións poéticas. Con estes elementos cada alumna e alumno (e aqueles membros da comunidade escolar que se animasen) realizarán un cartelón que combine un poema en calquera dos idiomas impartidos no centro, coa súa correspondente transcrición fonética (aproximada) e unha ilustración inspirada nos técnicas orientais. A nivel persoal, foi emocionante ver aos alumnos, especialmente aos de primeiro curso da ESO, esforzarse por entender outra cultura, outro idioma e por facer os seus primeiros achegamentos á poesía. O resultado do seu traballo encheunos de orgullo e ensinounos unha dimensión que descoñeciamos do noso alumnado. Foi, ademais, unha experiencia interdisciplinar, xa que nela participaron profesores de Ciencias Sociais, Plástica, Lingua Galega, Lingua Castelá e Lingua Inglesa.
6/5/11
IV Xornada dos Clubs de Lectura
O vindeiro 10 de xuño reunirase en Santiago de Compostela o profesorado que coordina os 200 clubs de lectura que, neste curso, están a funcionar en centros de ensino secundario de Galicia. Esta actividade está contemplada na convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para incentivar o funcionamento de clubs de lectura, e busca o encontro entre profesores de distintos puntos de Galicia que están poñendo o seu tempo e a súa profesionalidade ao servizo da formación do seu alumnado como lectores e como cidadáns sensibles á cultura e ás súas manifestacións. A rapazada que participa das actividades dos Clubs de lectura aprende, ademais, a intecambiar opinións e a argumentar as propias ideas, competencia fundamental para vivir en democracia.
Esta IV Xornada dos clubs de lectura contará coa presenza de Ana Díaz-Plaja, profesora da Universitat de Barcelona e o escritor Fernando Marías. Haberá unha mesa de experiencias (Un club de lectura é algo máis) e tempos para o intercambio de iniciativas, por zonas.
5/5/11
Toman as rúas de Ourense co gallo do Día do Libro
Os mozos e mozas de dous clubs de lectura da provincia de A Coruña (IES Castro da Uz, de As Pontes, e CPI Castro Baxoi, de Miño) xuntáronse unha vez máis nunha actividade compartida de lecturá pública... decidiron visitar Ourense e facer na Praza Maior unha lectura "plurilingüe" de O Principiño. Leron e crearon, entre todos, un poema a partir das palabras do Principiño, que podemos ver no díptico
