
Os integrantes do club de lectura "PEDRA DO ACORDO", da Biblioteca do IES San Paio, de Tui, recomendan este XAROPE LECTOR, do que nos facemos eco porque nestes tempos de andazo resulta moi recomendable.
Do galego "mancomunar": unir persoas, esforzos ou intereses para acadar un fin común.







As distintas sesións da Xornada dos clubs de lectura, celebrada en Santiago de Compostela o venres 5 de xuño, poderán seguirse a través desta páxina.
O 5 de xuño de 2009 terá lugar en Santiago de Compostela, nas instalacións da EGAP (Escola Galega de Administración Pública) a XORNADA DOS CLUBS DE LECTURA correspondente ao curso 08/09. Participará o profesorado que coordina os 149 clubs de lectura que resultaron seleccionados na convocatoria da entón Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, de 31 de outubro de 2008, para incentivar o funcionamento de clubs de lectura en centros que matriculan alumnado de ensino secundario, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial (Resolución do 30 de decembro de 2008). 
Segundo anunciou xa a Conselleira de Educación, na inauguración dos II Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia o pasado 17 de outubro, está próxima a ser publicada no portal educativo a nova convocatoria pola que se incentiva a existencia de clubs de lectura en centros que matriculan alumnado de ensino secundario, formación profesional e ensinanzas de réxime especial.





O mércores 25 de xuño celebrarase en Santiago de Compostela, nas instalacións da EGAP (Escola Galega de Administración Pública), a primeira XORNADA DE CLUBS DE LECTURA, destinada ao profesorado que coordina clubs de lectura en centros de ensino secundario de Galicia. O profesorado participante será convocado directamente desde a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa (Asesoría de Bibliotecas Escolares), en datas próximas. 