Do galego "mancomunar": unir persoas, esforzos ou intereses para acadar un fin común.
26/4/12
Por terras de Celanova, lendo a Celso Emilio Ferreiro
3/4/12
Máis... Balbordo!
2/4/12
Máis ...memorias (1)
27/3/12
Máis ... memorias
26/3/12
LEMBRANDO ... anacos de Memorias
Club de lectura Allarlibros do IES de Allariz
8/3/12
VOCES GALEGAS CONVIDAN A PARTICIPAR NO CONCURSO: "¿Qué estás leyendo?"
¿En que consiste?
30/12/11
Resolta a convocatoria de Clubs de Lectura para o curso 2011/2012
+ información
20/12/11
O QUE APARECE NOS BLOGUES...
15/12/11
VIAXAR COS LIBROS COMO MOTIVO, VIAXAR A TRAVÉS DOS LIBROS
13/12/11
LECTURAS POR MESES
Cada mes os seus libros! Así len os de Balbordo e Balbordobis, os clubs de lectura do IES Rïo Cabe de Monforte.
Boas lecturas!
9/12/11
NOVO BLOGUE DE CLUB

O IES Poeta Añón de Outes puxo en marcha o seu club de lectura e, con el, un novo blogue.
Nel cóntannos:
"O pasado día 7 de novembro tivo lugar a primeira xuntanza deste curso dos "Laretas". Como vedes nas fotos, para ir rompendo o xeo e coñecernos mellor, compartimos unhas pizzas quentiñas que fixeron a boca auga a todos os que por alí se acercaron. Foi tamén a ocasión de dar a benvida ó club a dúas lectoras: Alba e Tatiana, de 4º ESOA lectura que compartimos esta vez foi "Cuando Hitler robó el conejo rosa", de Judith Kerr, unha noveliña sinxela pero apaixoante, que nos fixo compartir as tribulacións da protagonista, Anna, e a súa familia cando se ven obrigados a abandonar o seu fogar en Berlin, fuxindo da expansión do nazismo nos anos previos ó estoupido da 2ª Guerra Mundial. Unha noveliña moi recomendable, de fácil lectura, que nos acercou ás experiencias vitais dunha familia xudea obrigada a deixar atrás todo o que aman (liberdades, familia, amizades...) "
5/12/11
Saramago, sempre Saramago

José Saramago.
El libro de cada día
1/12/11
CLUBS de le ctura nos CFR (2)
O CFR de Ferrol conta co club de lectura Teachers by Day.Xa comezaron a súa andaina anual...
Así nolo contan:
"O próximo xoves, día 24 de novembro retomamos as reunións do club de lectura en inglés Teachers by Day. Se están interesados en formar parte do club de lectura, por favor contacten coa asesoría de Linguas Estranxeiras."
24/11/11
CLUBS DE LECTURA NOS CFR
Xuntanzas de profesorado arredor dos libros, nun lugar común e de formación. Reunirse para falar de libros e de lecturas, que mellor lugar que un Centro de Formación e Recursos?
Atoparanse, de novo, o xoves 1 de decembro, apúntase alguén máis?
23/11/11
OS CLUBS ... VIAXAN
Saímos de Lousame ás 9:30 e o día non deixaba lugar a dúbidas do que meteorolóxicamente
nos iba acompañar: a choiva... e claros ás veces...
Cando chegamos a Monforte o tempo apiadouse un pouco e aínda que con bos refachos de vento
deixounos admira unha perspectiva xeral da cidade de Monforte ...
22/11/11
O club visita ao autor
17/11/11
Unha suxestión desde o club de lectura do IES Pazo da Mercé
14/11/11
REUNIÓNS DOS CLUBS
Pouco a pouco, e antes de saír a resolución da Convocatoria de axudas a Clubs de Lectura, vanse reunindo os Clubs.Queremos ilustrar este feito cunha das entradas nun blogue de biblioteca.
Trátase de Biblio Tea, o blogue de biblioteca do IES Val do Tea.Así comeza a súa entrada...
"O luns 7 tivemos a reunión do “Club de lectura”. Faltáronnos algúns que estiveron con Esme ensaiando o espectáculo de títeres para as “misións pedagóxicas”, xa vos contaremos disto porque a piques están de comezar.
Algúns dos asistentes non leran o libro porque disque non o había na biblioteca cando foron buscalo. Cando sexa así, hai que insistir. Se están prestados espérase a que outro o devolva e volvese a buscar. Vedes a importancia de devolver os libros no seu prazo? Pero bueno, desta vez non valen esas excusas porque houbo libros parados alí na biblioteca días antes, bastantes días antes, da reunión.
Pero aínda así, todos asistiron ó club, comeron as súas arepas, hamburguesas, ensalada de pasta. Porque xa sabedes que as reunións do club de lectura comezan por unha sesión gastronómica. Logo de encher a barriga; acompañar o postre coa escoita do poema de Kavafis na voz de Lluis LLach e a da persoal versión de Krahe, que podedes recordar no antigo anterior deste blog; sen esquecernos de para que estabamos alí, pois non comeramos “loto” ningún de nós, nin tardamos o tempo da travesía de Ulises en comer. Despois de todo iso, quen máis quen menos deu a súa opinión sobre o inxenioso Ulises, ó que algún tildou ademais de inxenioso (iso non houbo quen de negarllo), de pouco escrupuloso e trapalleiro. Valente, tamén dicía Samuel que era, aínda que nese aspecto todos coñecemos outros heroes que o superan. Pero xa sabemos o que di o dito “máis vale maña ca forza” (...)
2/11/11
MEMORIAS DOS CLUBS: Frases para ... pensar
Foto: tertulia en Ourense“A literatura é unha defensa contra as ofensas da vida” Cesare Pavese
“Non existe forma máis nobre de pertenenza a un pobo que escribir a súa lingua” Heinrich Böll
31/10/11
OS CLUBS BOTAN A ANDAR
OS ARAOS SAEN DO CASCARÓN
Por fin nesta semana conseguimos que os Araos do Instituto, os membros do Club de Lectura de Alumnos, saian do cascarón. Os Araos maiores lles gañaron a partida hai uns días, pero agora xa estamos todos en marcha.
Queremos darlle a benvida aos novos araos, que pasan a formar parte do Club este curso. Os máis veteranos xa saben como vai a cousa, e digo eu que se repiten, por algo será...
Saúdos tamén a todos os lectores/as do insti (que os hai, e máis do que parece) que non están no club. Gustarianos telos con nós, pero sabemos que non sempre é posible. A porta sempre estará aberta.
Esperemos que todos poidades encher os vosos carnés cunha chea de libros que vos gusten e vos fagan disfrutar.
28/10/11
MEMORIAS DOS CLUBS: Ao pé da hortensia do IES de Meaño
Fotografía tertulia Ourense27/10/11
26/10/11
MEMORIAS DOS CLUBS: Pantasmas de papel do IES Fernando Esquío (Neda)
“A droga da obediencia de Pedro Bandeira, autor portugués que os leva a pensar no mundo no que vivimos: “Non hai escravo máis desgraciado e servil que aquel que non é consciente da súa situación e crese libre. Non hai dominador máis poderoso que aquel que goberna a tales súbditos”. Baixo esta idea reflexionamos si somos libres ou ben estamos mediatizados por sutís mensaxes políticas, consumistas, hedonistas, e vivindo nun soño dirixido por un grupo de poder... algo moi de actualidade. (...)
En relación ás Xornadas Literarias que organiza a Universidade da Coruña e o concello de Neda, desde hai dez anos, dedicadas en cada ocasión a un autor. Desde que hai club de lectura, son os membros dun dos grupos os que fan a recensión do autor e a sesión do club en público xunto cos especialistas sobre o autor ou autora. .Neste caso tratábase de Fiodor Dostoievski; leron El jugador e comentaron as súas impresións co público asistente, e realizaron unha exposición da vida do autor mediante un power point e unha liña do tempo virtual empregando Dipity”.
24/10/11
MEMORIAS DOS CLUBS: Club de lectura do IES de Foz
“Resultou especialmente emocionante o testemuño dunha das alumnas, quen nos contou como fora lendo en voz alta e paseniño as Memorias dun neno labrego para compartilas coa súa avoa analfabeta, pero entusiasmada ó identificarse coas andanzas de Balbino.
(...)
Por conseguinte, tendo en conta os obxectivos marcados no proxecto do Club de lectura, consideramos que o resultado da actividade é moi satisfactorio en canto cumpre a finalidade de fomentar a lectura, contribuíndo a crear un ambiente lector no centro; consegue motivar para compartir as experiencias sobre as distintas lecturas e mesturar a aprendizaxe co debate entre os participantes; ademais, contribúe á mellor comprensión lectora dos alumnos en xeral e á mellora da calidade educativa. Por se fose pouco, vese que tamén tende pontes interxeracionais.”
21/10/11
MEMORIAS DOS CLUBS: Tesmoitoconto do CPI A Picota (Mazaricos)
(...)
Un dos expositores da biblioteca empregouse para expoñer e resaltar exemplares dos libros seleccionados para o Club de lectura. No taboleiro de información lectora o alumnado e profesorado daba a súa opinión sobre algún libro lido, como suxestión para outros posibles lectores. Este estaba situado a carón da biblioteca, aínda que na parte exterior para poder ser visto, tamén, polos que non adoitan entrar na biblioteca. O blogue da biblioteca tamén recollía información periódica sobre os libros do Club e outras actividades que desde aí se realizaban”





