Os mozos e mozas do Club de lectura AS ZOCAS FALADORAS, do IES de Poio (Pontevedra) levan xa dous anos participando nun programa ARCE con outros centros de Murcia, Madrid e Canarias. Recentemente xuntáronse todos os clubs de lectura destes centros en Barcelona, para vivir en directo o San Jordi, a grande festa do libro e da lectura. No seu blogue podemos ver diferentes momentos desta actividade de colaboración cos libros e a lectura como materia de traballo conxunto.
Sant Jordi 2012: Os escritores asinan as súas obras no Día do libro. on PhotoPeach
Barcelona foi espazo de encontro para outros centros participantes no programa ARCE. Os mozos e mozas do IES Sanxenxo aproveitaron tamén estas datas para se atopar cos seus centros colaboradores, e coincidiron coas "zocas faladoras" en actividades comúns. Así nolo contan no seu blogue
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, aproveitando a celebración do Día Mundial do Libro, deu a coñecer, no seu portal do programa ARCE, os proxectos relacionados coas bibliotecas escolares e a lectura, entre os que se encontra como destacado o proxecto NAVEGANDO ENTRE LIBROS, outro agrupamento no que participa un centro galego, neste caso o IES DAVÍD BUJÁN de Cambre (A Coruña)
1 comentario:
O IES de Sanxenxo tamén participou no encontro de centros ARCE en Barcelona con proxectos de lectura, eles acompáñaronnos ao teatro e realizamos un encontro con outros profes ARCE de Mallorca, Badajoz...
A entrada do seu blog relátanos esta reunión de centros lectores:
http://bibliotecaiesanxenxo.blogspot.com.es/2012/04/intercambio-en-barcelona-co-proxecto.html
Anxos.
Publicar un comentario